Praias de Vigo
Situación: Playa de As Margaridas
Presenta 12 metros de lonxitude por 8 metros de ancho. Illas Cíes.
DESCRICIÓN: pequeno areal encaixado entre cantís baixos no que dominan os afloramentos de rocha, incluso na parte posterior. A superficie areosa está disposta entre as rochas e introdúcese baixo o mar. De area branca e fina. Está dentro da ZONA DE RESERVA polo que non é accesible ao público.
Orientado ao nordeste.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100