Praias de Vigo
Situación: Playa de O Cocho
Presenta 120 metros de lonxitude por 17 metros de ancho. Parroquia de Alcabre.
DESCRICIÓN: areal ao carón do Museo do Mar e protexida polo dique deste. Está preto do paseo da senda azul. Area branca cun ton agrisado e fina. Con marea baixa triplica a súa superficie. Presenta pequenas embarcacións varadas e fondeadas.
Orientado ao nordeste.
LIMPEZA: manual.
ACCESIBILIDADE: dende unha rampla de pendente media no extremo oeste, baixada do Museo do Mar, outra baixada, en pendente e mal definida dende o aparcadoiro do Museo do Mar. E unha senda polo extremo leste que conecta co areal de Santa Baia; ao que non se pode acceder se hai marea alta.
SERVIZOS: ducha.
ACCESO PEONIL: dende o camiño do Borralleiro polo que pasa a senda Azul, Camiño á Beiramar.
ACCESO BUS URBANO: liñas L10, C15B, C15C e N1 na Avda. da Atlántida a 300 m.
ACCESO VEHÍCULO: dende a Avda. da Atlántida baixase ao camiño do Borralleiro que leva ao aparcadoiro do Museo do Mar.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100