Praias de Vigo
Situación: Playa de O Carril
Horario:
Servizos hixiénicos. Do 1 de xuño ao 30 de setembro. Todos os días de 10.00 h a 21.00 h, asociados ao quiosco de temporada.
Salvamento, socorrismo e primeiros auxilios. Do 15 de xuño ao 15 de setembro.
Fin de semana e festivos de 12.00 h - 20.00 h xuño, xullo, agosto e setembro.
Laborables de 12.00 h a 20.00 h xullo e agosto.
Presenta 390 metros de lonxitude por 15 metros de ancho. Parroquia de Alcabre.
BANDEIRA AZUL
Cualificación sanitaria 2023 – EXCELENTE
DESCRICIÓN: areal alongado e estreito, pegado ao paseo da senda azul. Area branca cun ton agrisado e fina. Con marea baixa triplica a súa superficie. Son frecuentes as arribazóns de algas.
Orientado ao noroeste.
ACCESIBILIDADE: conta cunha ampla rampla de madeira adaptada ao carón do aparcadoiro principal. Ten ademais dúas ramplas, de pendente media, nos extremos do areal, e a do leste presenta tamén escaleiras (dende a rúa de Roade). Presenta unha senda na parte central e un acceso, con escaleiras, a 100 metros deste cara o leste.
SERVIZOS: duchas.
ACCESO PEONIL: polo litoral a través da senda azul, Camiño á Beiramar.
ACCESO BUS URBANO: liñas L10, C15B, C15C e N1 na Avda. da Atlántida a 300 m.
ACCESO VEHÍCULO: a través do camiño á Igrexa e o camiño de Roade, ambos dende a Avda. da Atlántida. Conta con 2 aparcadoiros, un de xabre ao carón do areal e outro asfaltado a 220 metros na Avda. da Atlántida esquina co camiño á Igrexa.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100