Praias de Vigo
Situación: Baixada aos Ríos 195
Presenta 30 metros de lonxitude por 20 metros de ancho. Parroquia de Teis.
DESCRICIÓN: pequeno areal que é un fragmento do antigo areal de Ríos. Area cor crema, torrada, fina e con presenza de cunchas. Confinada entre o dique dun estaleiro, na marxe dereita, e o dique das antigas instalacións da ETEA. Na parte posterior hai un pequeno noiro de pedra, tras o que hai un pío que lle dá o nome. Con marea baixa case triplica a súa superficie. Zona de inicio da senda azul: Senda Litoral e do Monte da Guía.
Orientado ao norte.
LIMPEZA: manual.
ACCESIBILIDADE: dende unha rampla de cemento na marxe esquerda.
SERVIZOS: ducha, fonte e mesa con bancos.
ACCESO PEONIL: dende a baixada a Ríos. Tamén dende a ETEA onde a escasos metros iníciase a senda azul; Senda Litoral e do Monte da Guía.
ACCESO BUS URBANO: liña 17 na Avda. da Mariña Española a 120 m.
ACCESO VEHÍCULO: dende a Baixada a Ríos. Con pequeno aparcadoiro compartido con residentes e industrias.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100