Cultura

Mosteiro da Visitación das Salesas Reales

  • Arquitecto: Antonio Palacios
  • Ano: 1942
  • Localización: Teis

O mosteiro da Visitación das Salesas Reais foi proxectado en 1942 polo arquitecto Antonio Palacios e está situado no barrio da Calzada de Teis, próximo á rúa Sanjurjo Badía.

O edificio é de estilo rexionalista cun certo aire medieval no que se empregan os sistemas construtivos tradicionais galegos. Antonio Palacios reflicte neste edificio a súa experiencia construtiva xa que é autor tamén doutras edificacións emblemáticas como o templo Votivo do Mar na localidade próxima de Panxón ou da actual sede do Concello do Porriño, aínda que neste caso o edificio presenta unha maior monumentalidade.

O proxecto inicial constaba dun gran patio en torno ao cal se dispuñan varios pavillóns e completándose o conxunto cunha monumental igrexa bendicida en 1945 aínda que finalmente só se construíu o primeiro pavillón.

O material construtivo empregado é o granito, isto unido á utilización na fachada das pedras tal como saen das canteiras, sen puír, confírelle á fachada un aspecto rústico reforzado coa presenza de contrafortes nos muros exteriores. Soamente nos vans se aprecia o traballo dos canteiros.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100