Listaxe alumnado apto
Escola de verán
Convocatoria Xeral Preinscripción
FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA (do 27 ao 29 de setembro (de 10 a 13 horas e de 16 a 20 horas))
ALUMNADO DE NOVO INGRESO NA EMAO CURSO 2021-22
- As persoas incluídas nos listados cos resultados do sorteo e das probas de acceso deberán formalizar a súa matrícula presentando na Unidade Administrativa da EMAO a seguinte documentación:
- Ficha cumplimentada (Recóllese e entrega na U.A. da EMAO).
- Fotocopia simple do seu DNI.
- Datas e horario de matrícula: do 27 ao 29 de setembro (de 10 a 13 horas e de 16 a 20 horas).
- De non confirmarse a matrícula nas datas indicadas daráselle de baixa na lista de admisión, pasando a ocupar o seu posto a persoa que figure no lugar correspondente na lista de agarda.
- Establécese unha lista de agarda para cada especialidade, para os casos de substitución por baixa ou por renuncia do alumnado durante o primeiro trimestre do curso 2021-2022. Por razóns prácticas, o número de persoas que figuran na lista de agarda que se publica é, como máximo, o número de prazas ofertadas para cada especialidade.
- A admisión definitiva está condicionada á veracidade dos datos de empadroamento.
Preinscrición alumnado de novo ingreso
Só existe a preinscrición por internet, cubrindo a ficha de preinscrición online. Non existe a posibilidade de preinscrición presencial nas oficinas da EMAO. Se precisa información ou axuda, pode solicitar cita previa :
- De luns a venres de 10,00 a 14 horas (agosto pechado)
- Tlf. 986-228088
- Correo Electrónico: emao@vigo.org
Prazo de preinscrición: ata o 6 de setembro.
Curso avanzado