Monumentos e esculturas
Esta obra de Ramón Conde (1991), é un dos monumentos máis rechamantes de Vigo, tanto polo seu tamaño como pola representación épica dos 7 mariñeiros que tiran dunha rede para sacar os peixes do mar.
O Monumento ao traballo é o gran monumento de Vigo: fala do seu orgullo como cidade industrial, da súa xente traballadora, do seu vínculo co mar… A escultura de Os Redeiros, como se coñece comunmente, é unha dos nosos sinais de identidade.
Instalada a comezo da Gran Vía, unha das principais rúas da cidade, este gran monumento vigués rende homenaxe ás duras vidas dos traballadores do mar desde os seus 8,50 m de alto e os seus 3 m de longo.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100