Elementos expositivos
Situación: Rúa de Policarpo Sanz 15 (Casa das Artes)
Horario:
Do 26 de novembro 2023 ao 6 de xaneiro 2024
Horarios especiais:
Acceso gratuíto
A Casa das Artes, un ano máis acolle a exposición do Belén Monumental do Concello de Vigo, baixo o título de "O primeiro Belén\".
Desde o Concello de Vigo felicitámosvos as festas do Nadal co noso mellor desexo de paz e coa ilusión de que no 2024 se cumpran os vosos propósitos.
Este belén artístico, elaborado pola Agrupación Belenista A Morana, está poboado por case duascentas figuras modeladas polo escultor José Luis Maio Lebrija, un dos máis prestixiosos belenistas de España. Cunha coidada escenografía, que permite realizar unha viaxe de máis de 2000 anos no tempo, a recreación da vida de Belén integra tamén referencias ao patrimonio e á cultura da nosa cidade ao mesmo tempo, conmemórase o oitavo centenario do inicio da tradición do belén instaurada por San Francisco de Asís na Noiteboa de 1223 na pequena localidade italiana de Greccio.
O PRIMEIRO BELÉN é unha invitación a coñecer a representación tradicional do nacemento de Xesús e a achegarnos a unha parte da historia de Vigo, onde o Nadal se vive hoxe con toda a intensidade.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100