Actualidade

Avisos

Actos con motivo do Día Internacional contra a Explotación Sexual

Temática: Igualdade

Data de publicación: 2026-09-18

O Concello de Vigo súmase ao Día Internacional contra a Explotación Sexual e o Tráfico de Mulleres, Nenas e Nenos,  cun programa de actividades destinado a visibilizar esta realidade e a manifestar o compromiso da cidade coa abolición destas prácticas.

O primeiro dos actos terá lugar o luns 21 de setembro, ás 18:00 horas, co despregamento dunha lona no lateral da Casa Galega da Cultura, na fachada orientada cara a Porta do Sol.

A programación continuará o martes 22 de setembro, ás 19:00 horas, no salón de actos do MARCO, cunha conferencia de Carmen Delgado Álvarez, catedrática de Psicometría da Universidade Pontificia de Salamanca e experta en prostitución e explotación sexual. A entrada será libre ata completar a capacidade do recinto.

Con estas iniciativas, o Concello busca poñer de manifesto a importancia desta conmemoración e reforzar o seu posicionamento contra a explotación sexual e o tráfico de mulleres, nenas e nenos.

Cargando recomendacións
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100