Actualidade
Temática: Igualdade
Data de publicación: 2026-06-19
Tras a proxección do documental terá lugar un coloquio, que contará coa participación de referentes do feminismo como: Paca Sauquillo, Emilia Graña e Cristina Almeida.
O documental está impulsado pola asociación feminista O Club das 25, e recolle as experiencias, relatadas en primeira persoa, de dez referentes do feminismo español que durante os últimos anos da ditadura franquista loitaron na clandestinidade polos dereitos das mulleres.
Cando: Martes, 30 de xuño de 2026
Lugar: Auditorio Municipal. Praza do Rei, s/n
Horario: 19.00
A entrada é libre ata completar a capacidade do local.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100