Actualidade

Avisos

Exposición \"Begoña Caamaño no Calvario vigués\" na zona peonil do Calvario

Temática: Igualdade

Data de publicación: 2026-05-18

A exposición "Begoña Caamaño no Calvario vigués" pódese visitar ata o vindeiro 15 de xuño na zona peonil de Urzaiz (números 213-217).

A exposición convida a percorrer a memoria persoal e colectiva de Begoña Caamaño (homenaxeada no Día das Letras Galegas 2026) a través dos lugares, lecturas e experiencias que definiron a súa relación co Calvario. Fotografías históricas, documentos, ilustracións e textos axudan a reconstruír o Vigo da segunda metade do século XX que ela coñeceu de nena.

O proxecto está comisariado por Ramón Nicolás e coordinado por Xesús Domínguez Dono. O deseño e a maquetación son obra de Hayat Husein, e as ilustracións, de Carlos Gallego, procedentes do libro A nena que perdeu un zapato na lama, de R. Nicolás. Producida por Merlín Comunicación – Grupo Editorial Galaxia, coa colaboración do Concello de Vigo. 

 

Cargando recomendacións
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100