Actualidade
Temática: Policía local
Data de publicación: 2026-05-15
O Concello de Vigo celebra o Día da Policía Local de Vigo, o domingo 24 de maio, festividade da súa patroa, Santa María Auxiliadora cunha visita guiada á Xefatura da Policia Local.
Dirixido a toda a cidadanía que queira coñecer á Policía Local de Vigo desde dentro: operativa, adestramentos, dinámica diaria, central, galería de tiro,.... durante as Xornadas haberá exposicións exteriores, material das distintas unidades, exhibición de drones, vehículos antigos, exhibición de defensa persoal, parque infantil de tráfico e exposición fotográfica que non requiren de inscrición previa, só o acceso ao interior das instalacións require de previa inscrición.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100