Actualidade

Avisos

Aberto o prazo de inscrición para participar nas actividades na Casa das Mulleres. Programación xaneiro a xuño 2026

Temática: Igualdade

Data de publicación: 2026-01-28

Programa de actividades de carácter gratuíto que se levarán a cabo na Casa das Mulleres (r/ Romil, 20) no primeiro semestre do ano: 

  • OBRADOIRO "CONCIENCIA E PODER FEMININO". 20 horas de febreiro a abril  
  • OBRADOIRO “TEATRO CÓMICO: RIR PARA RESISTIR”. 20 horas de marzo a maio
  • OBRADOIRO DE CANTO PARA MULLERES “CON VOZ PROPIA”. 38 horas de febreiro a xuño
  • OBRADOIRO “FEMINISMO E EMPODERAMENTO: MENOS BULOS E MÁIS HISTORIA”. 12 horas de marzo a maio
  • FORMACIÓN EN IGUALDADE PARA MONITORADO DE ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL E DE OCIO E TEMPO DE LECER. 25 horas de marzo a abril

A información sobre os contidos, os obxectivos, as datas e o horario de desenvolvemento, formadora, etc, consultando o programa que se adxunta

Proceso de inscrición:

  1. Prazo de inscrición: aberto o prazo de inscrición ata cubrir prazas.
  2. Ficha de inscrición: deberase cubrir os datos solicitados na ficha de inscrición (adxunta, en formato editable). O curso de formación en igualdade para monitorado de animación sociocultural e do ocio e tempo libre ten unha ficha específica (adxunta en formato editable).
  3. Presentación da ficha de inscrición: enviarase por vía telemática unha ficha asinada por cada unha das actividades solicitadas a casadasmulleres@vigo.org ou ofi.muller@vigo.org
  4. No caso que non sexa posible a vía telemática, farase a entrega presencial da ficha de inscrición asinada na Casa das Mulleres, de luns a venres, 17:30-21:30.
  5. Criterios de admisión nas actividades: Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Vigo (farase a correspondente comprobación) e que non fixeran ese mesmo obradoiro en pasadas edicións (agás as alumnas do obradoiro de canto para mulleres “Con voz propia”). Logo seguirase o criterio de orde de entrada da solicitude. Sempre será necesaria a inscrición previa, tendo en conta que se traballará con capacidade limitada.
  6. Confirmación da praza: unha vez admitida comunicarase por enderezo electrónico ou por teléfono.


Arquivos a descargar: 

  • Cartel coa programación das actividades
  • Ficha de inscrición xeral (formato editable)
  • Ficha de inscrición específica para o curso de formación en igualdade para monitorado de animación sociocultural e do ocio e tempo libre (formato editable).

Documentación

Cargando recomendacións
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100