Actualidade
Temática: Mobilidade
Data de publicación: 2024-10-28
Solicitude da autorización exclusiva para as persoas residentes da zona central do Nadal que lles permitirá acceder en coche ás rúas restrinxidas ao tráfico durante o período das festas.
A obtención do documento acreditativo poderá facerse desde o luns 28 de outubro. Pode imprimirse directamente no domicilio a través do procedemento específico habilitado ou solicitalo no Concello, en horario de atención ao público, no posto 19 e 19A da lonxa. Fóra do horario de atención ao público, atenderase a demanda nas dependencias da Policía Local.
A autorización para o acceso e circulación en vehículo particular na zona central do Nadal deberá situarse nun lugar visible do coche. O permiso estará vixente ata o remate do desmonte das instalacións do Nadal.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100