Actualidade
Data de publicación: 2026-07-30
Por mor da celebración do “Marisquiño 2026”, o servizo DIURNO verase reforzado dende o venres 7 de agosto ata o domingo 9 de agosto, ámbolos dous días incluídos, do seguinte xeito:
Lanzadeira “Marisquiño”: Servizo cada 15 minutos dende Samil cara Travesía de Vigo e viceversa.
Venres 07/08: O servizo comezará ás 15:00h. dende Travesía de Vigo cara Samil e ás 15:50h. dende Samil cara Travesía de Vigo.
Sábado 08/08 e domingo 09/08: O servizo comezará ás 11:00h. dende Travesía de Vigo cara Samil e ás 11:50h. dende Samil cara Travesía de Vigo.
Itinerario Lanzadeira Marisquiño: IDA: Avda. Samil (Fronte Verbum) - Avda. Europa - Avda. Castelao - Praza América (túnel) - Gran Vía - Praza España (túnel) - Pizarro - Travesía de Vigo (Choróns). // VOLTA: Travesía de Vigo (Choróns) - Urzáiz - Colón - Policarpo Sanz - Velázquez Moreno - García Olloqui - Cánovas Castillo - Beiramar - Gaiteiro Ricardo Portela - Torrecedeira - Praza E. Fadrique - Coruña - Praza América - Avda. Castelao - Avda. Europa - Avda. Samil.
Dirección Travesía de Vigo: Só se permite o acceso nas paradas Avda. Samil (Fronte Verbum) e Avda. Europa, Nº 101. As paradas de baixada son: Avda. Castelao (Nº 73, Nº 41 e Nº21); Gran Vía, Nº 147; Pizarro, Nº 10 e Travesía de Vigo, Nº 8. Ao chegar a Travesía de Vigo, as persoas viaxeiras poden continuar polo percorrido de volta e baixar nas paradas estipuladas ata a derradeira de Torrecedeira.
Dirección Samil: Só se permite o acceso nas seguintes paradas: Travesía Vigo, Nº 7; Urzáiz (Estación Intermodal); Policarpo Sanz, Nº 25; Cánovas del Castillo (Centro Comercial); Torrecedeira (Nº 16 e Nº 86); Praza América, Nº 3 e Avda. Castelao, Nº 54. As paradas de baixada son: Avda. Europa, Nº 102 e Avda. Samil (Fronte Verbum).
A partir das 22:30h. actívase o servizo especial nocturno “Marisquiño 2026”, consultar web.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100