Actualidade

Avisos de transporte

CORTE TRÁFICO FESTAS DE BOUZAS 2026

Data de publicación: 2026-07-13

Por mor das “Festas de Bouzas” haberá un corte de tráfico dende o venres 17 de xullo ata o martes 21 de xullo, a partir das 18:00h ata o fin do servizo, que afectará as rúas Eduardo Cabello, Pescadores, Paulino Freire, Tomás Alonso e Avda. Europa.

C3i e C3d: Bouzas - Samil:

  • C3i: Dirección Samil (por Praza Eugenio Fadrique):

Dende a Praza de Eugenio Fadrique por: Tomás Alonso, Camilo Veiga, Avda. Atlántida e Samil.

  • C3d: Dirección Samil (por Praza España):

Dende a Avda. Castelao por: Tomás Paredes, rotonda do Rato, Avda. Atlántida e Samil.

C3i e C3d: Samil - Bouzas:

  • C3d: Dirección Encarnación (por Praza Eugenio Fadrique):

Dende Samil por: Avda. Europa, Tomás Paredes, Camilo Veiga e percorrido normal.

  • C3i: Dirección Encarnación (por Praza España):

Dende Samil por: Avda. Samil, Avda. Atlántida, Tomás Paredes e percorrido normal.

L13: Teixugueiras – Hospital do Meixoeiro:

  • Dende Navia cara Praza América:

Dende Limpiño por: VG-20, Avda. Europa, Tomás Paredes, rotonda do Rato, Camilo Veiga e percorrido normal.


Paradas anuladas:

  • Todas as de Eduardo Cabello, Pescadores, Praza de Suárez Llanos e a de Tomás Alonso Nº 220.
  • Todas as da Avda. Europa excepto as saídas dende Samil por Bouzas, con percorrido pola Praza de Eugenio Fadrique, en dirección Encarnación.


Paradas máis próximas:

  • Todas as de Camilo Veiga e Tomás Paredes.

O domingo 19 de xullo estará desviado todo o día

Documentación

Cargando recomendacións
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100