Actualidade

Avisos de tráfico

PLAN DE TRAFICO FESTAS DE BOUZAS 2026 Expediente relacionado 149201/210

Data de publicación: 15-07-2026

Data de inicio: 17-07-2026

Data de fin: 21-07-2026

Poñemos en coñecemento do público en xeral o PLAN DE TRAFICO FESTAS DE BOUZAS 2026

Dentro da celebración das festas de Bouzas do presente ano organizadas pola Cofradía Santísimo Cristo de los Afligidos de Bouzas solicitase o corte de tráfico da rúa Eduardo Cabello no treito entre a rotonda das Ancoras e a rotonda dos Graniteiros todos os días do 17 ao 21 de xullo durante a apertura ao público da festa.

1) Deberán contar coa preceptiva autorización dos titulares das vías afectadas non municipais (Ministerio de Fomento e Autoridade Portuaria) nos treitos e horarios previstos.

a) Tódolos días da celebración prohibirase a circulación de vehículos na ronda litoral no treito comprendido entre a rotonda da confluencia das rúas Eduardo Cabello e Pescadores (coñecida como a das Áncoras) e até a rotonda (coñecida como dos Graniteiros) de acceso á zona portuaria en ámbolos dous sentidos, entre as 18:00 e as 4:30 horas da mañá do seguinte día.

Así mesmo, durante os días da festa permanecerá cortada ao tráfico a rúa Eduardo Cabello entre os números 15 a 23 e 29 a 49.

O horario permitido de apertura ó público para as atraccións da festa, casetas, tómbolas e demais negocios relacionados coa ocupación da vía referida será para tódolos días entre as 18:00 e as 04:00 horas do seguinte, na noite do venres ao sábado, do sábado ao domingo e do domingo ao luns, o horario de finalización poderá incrementarse en 30 minutos. Prohíbese expresamente que calquera destes negocios realice a súa actividade fóra deste horario.

b) Tódolos días da celebración se corta a rúa Pescadores entre Beiramar e Tomas A. Alonso , entre as 18:00 e as 4:30 horas da mañá do seguinte día, con desvíos de trafico dende Beiramar por Alfredo Brañas cara a Tomás A. Alonso.

c) Os días da celebración estará pechada ao tráfico e prohíbese o estacionamento na rúa Covadonga entre Alfredo Brañas e Pescadores e o tramo semipeonil da rúa Eduardo Cabello na zona a carón da estatua do Dr. Casas.

d) No lado terra da rúa Eduardo Cabello, entre as rúas Pescadores e Pedro do Pazo, disporáse reservas de aparcamento para persoas de mobilidade reducida, motos e parada de taxis provisional, durante os días do evento, debidamente sinalizadas.

e) Para a celebración da Procesión do Cristo o domingo 19 contra as 21:00 h estarán pechadas ao tráfico as seguintes rúas e tramos:

- Rúa Martín Alonso Pinzón

- Avenida Beiramar entre Pescadores e Martín Alonso Pinzón

- Rúa Tomás A. Alonso entre Pescadores e Martín Alonso Pinzón

- Praza de Suárez Llanos entre os números 1A e 3

f) Os días 15 e 16 entre as 00:15 e as 04:30 h procederase ao corte na ronda litoral no treito comprendido entre a rotonda da confluencia das rúas Eduardo Cabello e Pescadores (coñecida como a das Áncoras) e até a rotonda (coñecida como dos Graniteiros) por mor de labores de acceso e montaxes de gran porte.

2) Debido á celebración do Festival Poético Piro musical previsto contra as 23:00 h do domingo día 19 de xullo está previsto o corte en diversos momentos da vía VG-20, recollese a previsión para o corte de tráfico:

- De 05:00 h do 19/07/2026: corte total da VG-20 para ambos sentidos da circulación, excepto acceso ao Porto e vehículos autorizados - a altura do Ponte de Bouzas P.K. 0+000 a P.K. 0+400 nun extremo e na rotonda de Navía no outro. Os autorizados utilizarán o sentido crecente da vía para ambos sentidos.

- Dende as 22:00 h do 19/07/2026 e ata a 01:00 h do día 20/07/2026 corte total da VG-20 (para ambos sentidos da circulación) a altura do Ponte de Bouzas P.K. 0+000 a P.K. 0+400 nun extremo e na rotonda de Navía no outro.

- A partir das 01:30 h do 20/07/2026 abrese ao tráfico a VG-20 no sentido crecente da via, saindo de Vigo

- Unha vez finalizada a retirada de material pirótecnico no sentido decrecente da VG-20, entrando en Vigo a organización abrirá ao tráfico ese sentido de circulación.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.

Cargando recomendacións
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100