Actualidade
Data de publicación: 14-07-2026
Data de inicio: 20-07-2026
Data de fin: 21-07-2026
Poñemos en coñecemento do público en xeral que, nas noites do 20 de xullo de 2026 ata o 21 de xullo de 2026 e do 21 de xullo de 2026 ata o 22 de xullo de 2026, por mor da obra de conservación do túnel de Beiramar, a realizar pola empresa Ute Esycsa Etra I+D Moveas Vigo Ley 18/1 , estarán pechados ao tráfico, en horario nocturno (22:30 a 02:30 ), os dous lados do TUNEL DE BEIRAMAR, . Coa fin de garantir a circulación viaria, habilitarán un carril de circulación na Pza Compostela, entre Areal e Cánovas del Castillo, sentido cara a Cánovas del Castillo.
Para habilitar o devandito carril, taparán o panel de mensaxe variable sito no cruzamento de Areal con Pza Compostela mentres duren os traballos.
Ao rematar os traballos destaparán o panel de mensaxe variable.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100