Actualidade
Data de publicación: 03-07-2026
Data de inicio: 06-07-2026
Data de fin: 06-11-2026
Poñemos en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de RENOVACIÓN DE ABASTECEMENTO e SANEAMENTO EN COIA FASE 1 EXPT: 2019/441., a realizar pola empresa Fcc Aqualia Vigo Ute , estarán pechadas ao tráfico as rúas CUNTIS e PONTECESURES, con acceso exclusivo para garaxes, servizo público e carga descarga, dende o 6 de xullo de 2026 ás 10:00 horas e por un período aproximado de catro meses.
Renovación de abastecemento e saneamento nas rúas Cuntis e Pontecesures. Dado o carácter da obra, que consiste básicamente na renovación da rede xeral de abastecemento e saneamento, será necesaria a ocupación total dos viais pechando primeiro Cuntis e posteriormente pecharase Pontecesures. As rúas abriranse unha vez remate a reposición de saneamento mentres se tramita a retirada de fibrocemento para a posterior reposición de abastecemento, só estarán pechadas cando as condicións de traballo o requiran, polo que a necesidade de ocupación viaria é estimada e irase desocupando e abrindo segundo avancen as obras.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100