Actualidade

Avisos de tráfico

Reapertura das rúas Pracer e Paseo Granada

Data de publicación: 03-07-2026

Data de inicio: 05-07-2026

Data de fin: 09-07-2026

Poñemos en coñecemento do público en xeral que por mor da fin da obra de Paseo de Granada / Pracer

A PARTIR DO DÍA 05/07/2026 (DENDE O DÍA 06/07/2026 ÁS 07:00 a.m.)

Procederase á apertura do acceso a Paseo de Granada dende Venezuela. Mantense o peche do encontro con Pracer, polo qué o acceso de funcionarios e Policía Local mantense por rúa Granada. Mantense o sentido actual de Pracer.

A PARTIR DO DÍA 09/07/2026

Na noite do 08/07 ao 09/07 realizaranse os cambios necesarios na sinalización horizontal e vertical provisional có obxectivo de restablecer o sentido de Pracer cara ao Paseo de Granada. Polo qué con 48h de antelación procederase ao valado dos aparcamentos en liña ubicados en Pracer, onde actualmente os coches aparcan no sentido contrario á marcha. Na noite do 08/07 ao 09/07 eliminaranse as marcas amarelas horizontais en Pracer e retirarase a sinalización vertical de obra en Pracer e os balizamientos e valados en Granada/Cachamuíña. De forma que tódalas vías recuperan o seu sentido orixinal.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.

Cargando recomendacións
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100