Actualidade
Data de publicación: 26-06-2026
Data de inicio: 26-06-2026
Data de fin: 31-07-2026
1. A ampliación extraordinaria do horario de funcionamento dos establecementos de restauración (restaurantes, bares, cafeterías) e das súas terrazas durante os encontros da Selección Española, nos mesmos termos temporais autorizados para os establecementos principais.
2. A autorización excepcional para a instalación temporal de elementos de reprodución de imaxe e son nas terrazas, exclusivamente durante a retransmisión dos partidos da Selección Española no Mundial FIFA 2026.
3. A autorización quedará condicionada ao cumprimento das condicións establecidas na Ordenanza Municipal de Terrazas, da normativa sobre contaminación acústica e das indicacións que poidan establecer os servizos municipais competentes e a Policía Local por razóns de seguridade cidadá, mobilidade ou protección civil.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100