Actualidade

Avisos de tráfico

Pechados ao tráfico, en horario nocturno (22:30 a 05:30 ), os dous lados do TUNEL DE BEIRAMAR,

Data de publicación: 28-05-2026

Data de inicio: 08-06-2026

Data de fin: 11-06-2026

Poñemos en coñecemento do público en xeral que, nas noites do 8 de xuño de 2026 ata o 11 de xuño de 2026 , por mor da obra de conservación do túnel de Beiramar, a realizar pola empresa Ute Esycsa Etra I+D Moveas Vigo Ley 18/1 , estarán pechados ao tráfico, en horario nocturno (22:30 a 05:30 ), os dous lados do TUNEL DE BEIRAMAR, . Coa fin de garantir a circulación viaria, habilitarán un carril de circulación na Pza Compostela, entre Areal e Cánovas del Castillo, sentido cara a Cánovas del Castillo.

Para habilitar o devandito carril, taparán o panel de mensaxe variable sito no cruzamento de Areal con Pza Compostela mentres duren os traballos.

Ao rematar os traballos destaparán o panel de mensaxe variable.

Os traballos, en horario nocturno de 22:30 a 05:30, comezan a noite do luns 08 de xuño ás 22:30 e rematan na madrugada do xoves 11 de xuño ás 05:30.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.

Cargando recomendacións
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100