Actualidade
Data de publicación: 10-04-2026
Data de inicio: 14-04-2026
Data de fin: 16-04-2026
Poñemos en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de PAVIMENTACIÓN ENTORNO BRASIL E CUBA, a realizar pola empresa Covsa , estarán pechadas ao tráfico as rúas afectadas, do seguinte xeito: Peches de tráfico nas rúas Brasil, Cuba, Guatemala e Santo Domingo por traballos de fresado e asfaltado. do seguinte xeito:
1. Fase 1 Martes 14 Ámbito de actuación: Rúa Brasil, treito comprendido entre rúa Vázquez Varela e rúa Pizarro. Rúa Santo Domingo.
Medidas de tráfico: Corte total de tráfico: dende as 09:00 h até as 23:00 h. Acceso restrinxido a residentes: únicamente a partir das 23:00 h. Reapertura ao tráfico xeral: 08:00 h do día seguinte.
2. Fase 2 Mércores 15 Ámbito de actuación: Rúa Brasil, treito comprendido entre Gran Vía e rúa Vázquez Varela. Rúa Cuba, treito comprendido entre Urzaiz e rúa Brasil.
Medidas de tráfico: Corte total de tráfico: dende as 09:00 h até as 23:00 h. Acceso restrinxido a residentes: únicamente a partir das 23:00 h. Reapertura ao tráfico xeral: 08:00 h do día seguinte.
3. Fase 3 Xoves 16 Ámbito de actuación: Rúa Cuba, treito comprendido entre rúa Brasil e rúa Ecuador. Rúa Guatemala.
Medidas de tráfico: Corte total de tráfico: dende as 09:00 h até as 23:00 h. Acceso restrinxido a residentes: únicamente a partir das 23:00 h. Reapertura ao tráfico xeral: 08:00 h do día seguinte.
Medidas complementarias de xestión de tráfico
Itinerarios alternativos: Durante os tres días de actuación habilitarase circulación excepcional polo carril bus de rúa Pizarro, permitindo o acceso dende rúa Brasil até rúa Vázquez Varela.
dende o 14 de abril de 2026 ás 09:00 horas e por un período aproximado de tres días.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100