Actualidade
Data de publicación: 11-06-2026
Data de inicio: 13-06-2026
Data de fin: 13-06-2026
A proba comenzará ás 20.30 h, co seguinte percorrido: Avenida da Florida (á altura do mercado das Travesas). Praza de América (Avenida Florida con Avenida Castelao), Avenida de Castelao (sentido dende Praza América ata Rúa Porriño polo lado dereito, contramarcha), Rúa Porriño, Rúa Baiona, Rúa Redondela, Avenida de Castelao (sentido cara Praza América lado dereito, contramarcha, e zona coneada de ida e volta da carreira), Ramón Buch, Ángel Llanos, Praza da Tellada, Doutor Darío Durán Gómez, Avenida da Florida, Rotonda Martín Echegaray e Regreso á meta Avenida Florida. Prégase a máxima colaboración cidadá.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100