Actualidade
Data de publicación: 05-02-2026
Data de inicio: 09-02-2026
Data de fin: 15-04-2026
Poñemos en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de HUMANIZACIÓN DA RÚA SAN ROQUE, ENTRE AS RÚAS GREGORIO ESPINO E REISEÑOR-EXPTE- 2111/441, , a realizar pola empresa Oreco Balgon Sa , estará pechada ao tráfico a rúa SAN ROQUE(RUA) N 110 (VIGO) , ENTRE AS RÚAS GREGORIO ESPINO E REISEÑOR, con acceso exclusivo para garaxes, servizo público e carga descarga, dende o 9 de febreiro de 2026 ás 10:00 horas e por un período aproximado de dous meses. Só se pemitirán acceso a vehículos autorizados, garaxes de vivendas co seu correpondente Vado, e comercios existentes nese tramo. Desvío por Alcalde Gregorio Espino, Morcego, Faisán, Fdo Lago Olano, San Roque ou por Alcalde Gregorio Espino, Morcego, San Roque. Para chegar á rúa Colombia poden continuar ata o cruzamento coa rúa Reiseñor, seguir de fronte pola rúa San Roque ata o número 110 e xirar á esquerda por Colombia.
Tamén poden acceder dende a Praza de España, tomar a rúa Puerto Rico,
continuar pola rúa Couto San Honorato ata chegar á rúa Reiseñor e xirar á esquerda por San Roque cara á rúa Colombia.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100