Actualidade

Avisos de tráfico

Pechadas ao tráfico as rúas PADRE DON RÚA, BOLIVIA, SIMON BOLIVAR

Data de publicación: 12-04-2024

Data de inicio: 15-04-2024

Data de fin: 23-04-2024

Poñemos en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de fresado e asfaltado, a realizar pola empresa Edelne Sl , estarán pechadas ao tráfico as rúas PADRE DON RÚA, BOLIVIA, SIMON BOLIVAR(RUA) N 13 (VIGO) , con acceso exclusivo para garaxes, servizo público e carga descarga, do seguinte xeito:

Luns 15 de Abril en horario laboral, peche da rúa Padre Don Rua entre os números 13 e 17 con ocupación das zonas de aparcamento existentes no devandito treito.

Martes 16 de Abril en horario laboral, peche da rúa Bolivia entre Padre Don Rua e Simon Bolivar con ocupación das zonas de aparcamento existentes no devandito treito.

Mércores 17 de Abril en horario laboral, ocupación das zonas de aparcamento e carrís á altura do número 13 da rúa Simon Bolivar. Os traballos realizaranse por fases, garantindo a circulación viaria en ambos sentidos.

Xoves 18 de Abril en horario laboral, ocupación do carril de entrada aos garaxes en rúa Bolivia número 2. Os traballos realizaranse por fases, garantindo a circulación viaria en ambos sentidos.

Entre Luns 15 de Abril e Martes 23 de Abril, ocupación da zona de aparcamento do lado par da rúa Panamá. dende o 15 de abril de 2024 ás 10:00 horas e por un período aproximado dunha semana.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100