Escudo Concello de Vigo

Actualidade

Avisos de tráfico

PLAN DE MOBILIDADE, MEDIDAS DE MOBILIDADE NO CENTRO DA CIDADE DURANTE O NADAL

Data de publicación: 22-11-2022

Data de inicio: 19-11-2022

Data de fin: 16-01-2023

PLAN DE MOBILIDADE

MEDIDAS DE MOBILIDADE NO CENTRO DA CIDADE DURANTE O NADAL

Co gallo do aumento da presenza de peóns durante o NADAL 2022-2023 no centro da cidade e co obxectivo de favorecer o esparexemento cidadá, adoptaranse unha serie medidas en materia de mobilidade. Medidas que restrinxirán o tráfico rodado do xeito que a seguir se detalla.

Con todo, respectarase o acceso rodado ao domicilio da veciñanza, a unha velocidade máxima de 10 Km/hora, e favorecerase a prestación do servizo do transporte público urbano.

Estas medidas estarán en vigor desde a data do acendido das luces de Nadal ata o día do apagado, e son aplicables en horario de 17:30-24:00 os días de máxima afluencia, coas seguintes excepcións.

Os fins de semana e festivos as atracción da rúa Areal poderán abrir as 11:00, polo que o corte da tráfico total da rúa Areal entre Republica Argentina e Colón adiantase a esa hora.

Os días 24 e 31 de decembro a apertura do tráfico será as 20:00 e o día 5 as 22:00.

DEBERÁN OBSERVASE EN TODO MOMENTO AS NORMAS DE SAÚDE PÚBLICA ADOPTADAS POLO CONSELLO DA XUNTA DE GALICIA DERIVADAS DA CRISE SANITARIA DA COVID-19, publicadas na sede web da Xunta e accesibles no seguinte vínculo da normativa consolidada.

Normativa consolidada do 04/06/2022

https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Documents/525/Normativa_covid19_consolidada.pdf

DÍAS DE MÁXIMA AFLUENCIA. CORTES DE TRÁFICO

Novembro: 19, 20, 25, 26 e 27

Decembro: 2, 3, 4, 5, 6 ,7, 8, 9, 10, 11, 16, 17, 18, 23, 24, 25, 30, 31

Xaneiro: 1, 5, 6, 7, 8, 15

Plano xeral de elementos decorativos e atraccións de nadal (zona centro)

https://drive.google.com/file/d/1RIHDTjTbCYLyxwh9uv6mvnuXHsuyOPFE/view

Plano de cortes e reorganización do tráfico

https://drive.google.com/file/d/1Ug0sWl_6kSpgVIP1zD49fZRKE6KBoOlj/view?usp=sharing

Plano medios de autoprotección días de máxima afluencia

https://drive.google.com/file/d/1RQPfwgPga13ZzDhud7oOl180fRrmT1KM/view

RECOMENDACIÓNS

? En xeral recoméndase a circulación peonil pola beirarrúa dereita no sentido da marcha.

? Eviten o uso do vehículo privado. Ás rúas cortadas ao tráfico non se poderá acceder desde as horas establecidas, polo que cumpriría que acudan ás súas proximidades preferiblemente a pé ou en transporte público.

? Recordase a prohibición de circular vehículos de masa máxima superior a 10.000kg pola cidade entre as 8:00-22:00 sen estar previstos dunha autoriación especial.

CORTES DE TRÁFICO

-Rúa de Policarpo Sanz

-Rúa de Darío Álvarez Blázquez

-Rúa da Reconquista entre as rúas Marqués de Valladares e Policarpo Sanz

-Rúa de Velázquez Moreno entre Príncipe e Marqués de Valladares

-Rúa Areal entre República Argentina e Colón

-Rúa Concepción Arenal cara a Colón

-Rúa García Barbón entre República Argentina e Colón

-Rúa de Colón

-Rúa Pontevedra entre García Barbón e Rosalía de Castro

-Rúa de Urzaiz entre a Avda. de Gran Vía e rúa de Uruguay

-Avda. Gran Vía ascendente entre as rúas de Urzaiz e María Berdiales

-Rúa de Hernán Cortés entre as rúas Urzaiz e de María Berdiales

-Rúa Areal entre República Arxentina e Colón

CAMBIOS DA CIRCULACIÓN NORMAL

-A rúa República Arxentina entre entre García Barbón e Uruguay establecese dobre sentido de circulación. O sentido ascendente será exclusivo para transporte público, residentes e aparcadoiros.

-A rúa Uruguay entre República Arxentina e Colón establecese en sentido contrario de circulación para acceso a residentes e aparcadoiros.

-A rúa García Barbón entre República Argentina e Colón será de uso exclusivo para hotel, residentes e aparcadoiros con saída pola rúa Pontevedra

-A rúa Montero Ríos terá permitido o acceso en sentido contrario de circulación dende a rúa Olloqui para acceso exclusivo de autobuses turísticos aos hoteis.

-A rúa Praza de Compostela entre Velázquez Moreno e Colón establécese dobre sentido de circulación para acceso a residentes e aparcadoiro dende a rúa Velázquez Moreno.

-A rúa Colón entre Areal e Rosalía de Castro establécese dobre sentido de circulación para acceso a residentes e aparcadoiro dende a rúa Marqués de Valladares.

-A rúa Velázquez Moreno entre Marqués de Valladares e Policarpo Sanz permanecerá en dobre sentido para o acceso e saída ao parking de Velázquez Moreno con axuda de sinalistas.

-Permítese o paso en sentido ascendente na Avda. da Gran Vía entre as rúas Urzaiz e María Berdiales para uso exclusivo do transporte público.

-Establécese dobre sentido de circulación para residentes na rúa de Hernán Cortés entre as rúas de María Berdiales e Urzaiz con acceso dende a rúa María Berdiales

DESVÍOS RECOMENDADOS

Recoméndanse os seguintes desvíos de tráfico:

-Os túneles de Areal-Beiramar para aqueles vehículos que circulen polas rúas de Sanjurjo Badía, García Barbón, Areal.

-Avd. Beiramar para os que leven destino Teis e polas rúas da Coruña-Gran Vía para os que vaian con dirección Travesía de Vigo.

-A saída pola rúa de Isaac Peral aos vehículos procedentes da Autoestrada AP9.

-A Avda. de Gran Vía, praza de América e rúa da Coruña para os vehículos que procedan da Praza de España con destino á zona de Beiramar

POSTOS DE EMERXENCIA E ATENCIÓN CIDADÁ

? Posto preventivo sanitario: Servizo de Primeiros Auxilios na rúa Elduayen coa rúa Abeleira Menedez, entre 17:30h e as 22:30h

? Unha ambulancia os días de alta afluencia situada na rúa Darío Álvarez Blázquez entre 17:30h e as 22:30h

? Servizo itinerante en todo ámbito de Protección Civil

SERVIZO DE TRANSPORTE PÚBLICO

TÓDOLOS DÍAS E OS DÍAS DE MÁXIMA AFLUENCIA ATA AS 17:30

O transporte público fora do horario establecido polos cortes de tráfico os días de máxima afluencia e ata finalizada a tempada de nadal, terá as seguintes variantes.

-De Cánovas del Castillo a Colón por Marques de Valladares:

? Paradas operativas máis próximas: Cánovas del Castillo 18, Marques de Valladares, Colón, García Barbón 28

? Paradas anuladas: Cánovas del Castillo 28, Reconquista 2, Policarpo Sanz 26 e 40, García Barbón 18

-De Urzáiz a Praza Compostela:

? Paradas operativas máis próximas: Colón 22, Policarpo Sanz 25

? Paradas anuladas: Areal e Praza Compostela, Garcia Barbón 7

DÍAS DE MÁXIMA AFLUENCIA DE 17:30-24:00

Para favorecer o transporte público disporase as seguintes medidas. Os Cambios na circulación en horario de 17:30-23:00 os días de máxima afluencia.

? Permítese o acceso pola Gran Vía con axuda de sinalistas

? Un carril descendente pola rúa Urzáiz ata República Argentina

? A rúa República Argentina entre García Barbón e Uruguay establecese dobre sentido de circulación.

? A parada de taxis da rúa Reconquista prestará servizo desde esta rúa con acceso e saída cara a rúa Marqués de Valladares

-De Cánovas del Castillo a Urzaiz por Marques de Valladares-Rosalía de Castro-Oporto República Arxentina- Uruguai-Cervantes:

? Paradas operativas máis próximas: Cánovas del Castillo 18, Marques de Valladares, Uruguay 18, Cervantes 18, Oporto 30, García Barbón 60

? Paradas anuladas: Cánovas del Castillo 28, Reconquista 2, Policarpo Sanz 26 e 40, Colón 26, Urzáiz-Príncipe, Urzaiz 28, García Barbón 18 e 28

-De Urzáiz a Praza Compostela:

? Paradas operativas máis próximas: República Arxentina e Gaiteiro Ricardo portela

? Paradas anuladas: Colón 27, García Barbón 7, Areal, Policarpo Sanz 25, Praza Compostela, Cánovas del Castillo.

Estas medidas entenderanse entre o día do acendido das luces de nadal ata o 16 de xaneiro os días de máxima afluencia, coa excepción dos desvíos das liñas de Policarpo Sanz cara a Colón pola rúa Marques de Valladares que serán durante todo o horario de prestación do servizo.

RESTRICIÓNS DO ACCESO AOS APARCADOIROS AFECTADOS POLOS CORTES DE TRÁFICO OS DIAS EN HORARIOS INDICADOS

Os seguintes aparcadoiros terán restrinxido o seu acceso tódolos días entre as 17:30 e as 24:00 entre o día do acendido das luces de nadal ata o 16 de xaneiro, consonte estas indicacións:

- Aparcadoiro Roma: Acceso dende a rúa Velázquez Moreno

- Aparcadoiro Colón 7: Acceso dende a rúa Marques de Valladares

- Aparcadoiro Policarpo Sanz: Acceso desde a rúa de García Barbón. Saída pola de Pontevedra

- Aparcadoiro Velázquez Moreno (Velázquez Moreno 20): Acceso e saída desde a rúa de Marqués de Valladares pola rúa de Velázquez Moreno con axuda de sinalistas

- Aparcadoiro Colón Centro (Colón 28): Acceso desde a rúa García Barbón por un carril ascendente República Argentina ata rúa Uruguay e por Uruguay en sentido contrario da circulación. Saída pola carril bus da rúa Urzaiz ata República Argentina

- Aparcadoiro El Dorado (Uruguay 8): Acceso desde a rúa García Barbón por un carril ascendente República Argentina ata rúa Uruguay e por Uruguay en sentido contrario da circulación. Saída por Uruguay e carril bus da rúa Urzaiz ata República Argentina

- Aparcadoiro Urzaiz: Acceso desde a rúa García Barbón por un carril ascendente República Argentina ata rúa Uruguay e por Uruguay en sentido contrario da circulación e dende rúa Cervantes. Saída polo carril bus da rúa Urzaiz ata República Argentina e Lepanto.

- Aparcadoiro da Praza Portugal: Acceso desde a rúa García Barbón por un carril ascendente República Argentina ata rúa Uruguay. Saída cara a rúa de Uruguay.

- Aparcadoiro de Areal: Acceso dende Rosalia e Inez Perez de Ceta e saída cara a Luis Taboada ou a paellera.

ACCESO AOS GARAXES AFECTADOS POLAS RESTRICIÓNS

-Rúa Policarpo Sanz: O tramo entre as rúas de Reconquista e de Velázquez Moreno por Reconquista. O tramo entre as rúas de Colón e Velázquez Moreno por Velázquez Moreno ascendente desde Marqués de Valladares

-Rúa Velázquez Moreno: O tramo entre as rúas de Marqués de Valladares e Príncipe o acceso e saída a garaxe será dende a rúa de Marqués de Valladares.

-Rúa Colón: O tramo entre as rúas Areal e Policarpo Sanz o aceso será dende Marques de Valladares. O tramo entre Policarpo Sanz e Uruguay o acceso será dende García Barbón pola rúa República Arxentina e Uruguay no sentido contrario da circulación

-Rúa Urzaiz entre Uruguay e Magallanes, Uruguay, Gravina, Churruca, Cervantes, Roxelio Abalde: Por García Barbón, República Arxentina e Uruguay no sentido contrario da circulación

-Rúa de Hernán Cortés entre Urzaiz e María Berdiales: Dende María Berdiales.

En todo caso ante unha situación de necesidade excepcional accederase a unha velocidade máxima de 10 Km/hora.

APARCADOIRO DE AUTOBUSES TURÍSTICOS

Os autobuses turísticos que se achegan o municipio con intención de aproximar os seus clientes o centro da cidade poderán usar o espazo sinalizado na Praza do Berbés rúa Areal para deixar e recoller pasaxeiros.

ZONA RESERVADA NA RUA AREAL

Acceso dende a AP-9 : https://goo.gl/maps/N7YERLdgL7qrnZCMA

Acceso dende a A-55: https://goo.gl/maps/Yu3Psrf4kVsbmCtFA

ZONA RESERVADA NO BERBES

Acceso dende a AP-9 : https://goo.gl/maps/ShvFchJPRQMbz91t5

Acceso dende a A-55: https://goo.gl/maps/bK4fZ5dVDBm3bosm8

Acceso dende a Circunvalación VG-20: https://goo.gl/maps/EUX5BkJjWfFTstYU6

ACCESOA A ZONA DE APARCAMENTO LIBRE NA PRAIA DE SAMIL DENDE AS ZONAS DE PARADA DE ATUOCARES TURISTICOS

Dende o Berbes : https://goo.gl/maps/9FMo3cWFWoDwey7m6

Dende a rúa Areal: https://goo.gl/maps/VA5j7XHeubWJtgMK6

PUNTOS PARA DESENROLO DE ACTUACIÓN DE CARÁCTER ARTÍSTICO

As actuacións de carácter artístico tales como mimo, música, teatro, malabares, debuxo ou pintura con ánimo de lucro e outras análogas, que pretendan levar a cabo no dominio público municipal, tanto de forma individualizada como en grupo, estarán suxeitas a previa autorización pola Concellería de Comercio nas localización indicadas por un máximo dun día natural ampliable ata cinco, entre o 20/11/2022-15/01/2023. Non poderán en ningún caso contar con infraestruturas, escenarios ou instalacións análogas para seu desenrolo.

1- Rúa Eduardo Iglesias n 8

2- Paseo Alfonso XII ( mirador)

3- Praza Colexio Arquitectos

4- Praza do Descubrimento (A Pedra)

5- Rúa Rosalía Castro n 21 (ambulatorio)

6- Rúa Rosalía Castro n 7-9

7- Praza Comercio (avda. García Barbón n 22)

8- Peonil Calvario (rúa Urzáiz con avda. A. Gregorio Espino)

9- Peonil Calvario (rúa Urzáiz con rúa Aragón)

10- Praza do Mercado Teis

11- Alameda Bouzas

12- Praza Independencia ? rúa Pintor Lugrís

13- Praza do Emigrante

14- Parque da avda. Castelao coa rúa Grove onde a fonte

15- Rúa Eduardo Chao n 6

16- Rúa Teófilo Llorente con rúa Real

PUNTOS PARA VENDA AMBULANTE ITINERANTE

A venda ambulante itinerante, que pretendan levar a cabo no dominio público municipal, tanto de forma individualizada como en grupo, estarán suxeitas a previa autorización pola Concellería de Comercio nas localización indicadas, entre o 20/11/2022-15/01/2023

1- Barrio Histórico:

- Paseo Alfonso XII ( mirador)

- Rúa Real-Travesía Esperanza

- Praza Almeida (Instituto Camoes)

- Rúa Carral con Rúa Cánovas del Castillo

- Praza Arguelles

- Praza Princesa

- Praza do Descubrimento (A Pedra)

2- Avda. García Barbón (dende rúa República Argentina ata a igrexa Santiago de Vigo)

3 Rúa Rosalía de Castro entre a rúa República Argentina e rúa Serafín Avendaño

4- Peonil Calvario (rúa Urzaiz con avda. A. Gregorio Espino)

5- Peonil Calvario (rúa Urzaiz con rúa Aragón)

6.- Manuel Núñez 3-7

Solicítase a máxima colaboración cidadá.