Actualidade

Avisos de transporte

SERVIZO ESPECIAL FESTIVAL "WAKE UP" VENRES 31 OUTUBRO E SÁBADO 1 DE NOVEMBRO 2025

Data de publicación: 2025-10-29

O próximo venres, 31 de outubro e sábado “festivo”, 1 de novembro, con motivo do Festival  “WAKE UP”, os usuarios disporán da LIÑA A, para os desprazamentos cara ao IFEVI, cos seus horarios habituais.

 

SERVIZO DE LANZADEIRA AO REMATE DO FESTIVAL

Ao finalizar o FESTIVAL de WAKE UP, disporase dun servizo de lanzadeiras con saída dende o IFEVI:

PERCORRIDO LANZADEIRA:

IFEVI - Avda. Aeroporto - Jenaro Fuente - Travesía Vigo - Urzáiz - Colón - Policarpo Sanz - Velázquez Moreno - Praza Compostela - García Olloqui - Cánovas Castillo - Berbés - Gaiteiro Ricardo Portela - Torrecedeira - Praza Eugenio Fadrique - Coruña - Praza América – Avd. Castelao – Avd. Europa – VG20 – Limpiño – Teixugueiras

 

Está dispoñible a venta online anticipada de billetes para a lanzadeira na plataforma de Woutick!

Co obxectivo de que as persoas usuarias poidan planificar a mobilidade á finalización do evento e garantir a súa praza no transporte público, recomendamos adquirir o billete anticipado.

Os autobuses dispostos para este servizo levarán o rótulo VENTA ONLINE ANTICIPADA.

PREZO DO BILLETE

Tarifa habitual do billete ordinario: 1,63€  //  Usuarios de PassVigo: poden beneficiarse das bonificacións correspondentes ao seu perfil introducindo o número da súa tarxeta PassVigo no apartado CÓDIGO DE PROMOCIÓN.

Servizo exclusivo para a compra anticipada do billete para garantir a tua praza na lanzadeira ao final do festival. “Hora da finalización da venta online, no propia día do Festival  ata as 18:00h,”.

Vitrasa lembra aos usuarios que a lanzadeira estará dispoñible ao remate do festival na área do aparcamento máis próximo ao aeroporto.

Para acudir ao recinto IFEVI ao comezo do festival, os usuarios dispoñen da rede habitual de transporte público, sendo a liña A a opción directa.

Documentación

Cargando recomendacións
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100