Servizos Sociais
Misión
CEDRO ten como misión ofrecer unha resposta sanitaria, de carácter integral, no ámbito das drogodependencias e outras adiccións, dende o marco dunha rede asistencial pública de saúde mental (Servizo Galego de Saúde), seguindo as directrices sobre programas e actividades asistenciais do Plan de Galicia sobre Drogas.
O ámbito territorial da nosa actividade asistencial comprende aos concellos de Vigo, Nigrán, Gondomar e Baiona, a cuxa poboación proporciona unha atención multidisciplinar, para a abordaxe dos trastornos adictivos dende un enfoque multidimensional, mediante programas individualizados de tratamento a nivel médico, psicolóxico e social.
En cada caso, realízase unha avaliación diagnóstica integral co obxecto de determinar as necesidades de intervención específicas e as prioridades á hora de establecer os obxectivos terapéuticos en cada momento do proceso.
A nivel comunitario, a nosa unidade desenvolve accións de coordinación e colaboración con outros recursos públicos e privados nos ámbitos da investigación, prevención, asistencia, rehabilitación, incorporación social, divulgación, asesoramento e docencia, en materia de trastornos adictivos. Tamén participa activamente en distintos niveis de organización social, entre os que destaca o Plan Local de Drogodependencias e outras Adiccións de Vigo.
Visión
A visión que orienta a actividade de CEDRO é a excelencia profesional ao servizo das necesidades individuais e colectivas da comunidade, en materia de trastornos adictivos e saúde mental.
Esta visión leva o compromiso na procura da mellora continua, para poder ofrecer unha resposta de calidade adecuada ás necesidades cambiantes das persoas e das institucións.
Para iso, perseguimos a excelencia na calidade dos servizos prestados mediante a mellora continua dos procesos asistenciais e organizativos, dos medios materiais e humanos, e da atención ao usuario.
CEDRO quere ser recoñecida como unha organización de referencia no ámbito das adiccións, comprometida coa calidade asistencial, a innovación e o traballo comunitario.Valores
A nosa organización practica un compromiso ético coa sociedade, os seus usuarios e a propia organización que se fundamenta nos seguintes valores:
Concello de Vigo
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)
Teléfono Concello de Vigo: 010 - 986810100