Servizos Sociais
A metodoloxía empregada no noso centro baséase en ofrecer unha atención multidisciplinar coordinada, capaz de abordar o problema da adicción desde a súa propia multidimensionalidade, combinando distintas intervencións terapéuticas a nivel biolóxico, psicolóxico e social.
En todos os casos, leva a cabo unha avaliación diagnóstica integral con obxecto de determinar as necesidades de intervención específicas en cada persoa e as prioridades á hora de establecer os seus obxectivos terapéuticos.
Tratamos de ofrecer a resposta máis adecuada a cada caso, coordinando as intervencións entre as diferentes áreas asistenciais en cada unha das etapas diferenciadas do proceso terapéutico:
Dispoñemos dunha ampla oferta asistencial que abarca desde as estratexias de diminución do dano ata os denominados programas de alta esixencia.
O obxectivo final é conseguir a máxima personalización do proceso terapéutico, enfocado á recuperación funcional da persoa.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100