Servizos Sociais
CEDRO dispón de dous dispositivos adscritos á Rede Asistencial do Plan de Galicia sobre Drogas:
Os criterios xerais de funcionamento axústanse ás directrices sobre programas e actividade asistenciais do Plan de Trastornos Adictivos de Galicia e do “Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), para a realización de programas de atención e protección da saúde”.
Disponse dunha oferta diversificada de programas e actividades asistenciais que inclúe todos os programas e subprogramas contidos no Catálogo de Programas Asistenciais do PTAG.
A actividade asistencial ambulatoria complétase con programas de carácter preventivo e reinsertivo que se desenvolven en réxime de UD, con orientación cara á ocupación do lecer/tempo libre, a rehabilitación funcional e a incorporación social.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100