Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER)
Unha maneira de facer Europa
Control do fraude
O artigo 125.4.c) do Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Parlamento e do Consello de 17 de decembro de 2013 indica que a autoridade de xestión debera "aplicar medidas antifraude eficaces e proporcionadas, tendo en conta os riscos detectados". A este respecto no Manual de Procedementos se establece que as medidas antifraude aplicadas no Concello de Vigo serán acordes coas establecidas na Guía da Comisión Europea para o período de programación 2014-2020, sobre Avaliación do risco de fraude e medidas antifraude eficaces e que as mesmas se aplicarán ao largo do proceso de xestión da Estratexia DUSI.
Tamén se terán en conta as orientacións elaboradas pola OLAF (Oficina Europea de Loita contra o fraude), destacándose os seguintes documentos: "Detección de documentos falsificados no ámbito das accións estruturais", "Detección de conflitos de intereses nos procedementos de contratación pública no marco das accións estruturais" e a Comunicación do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude nº 1/2017, de 6 de abril: "Comunicación sobre a forma na que poden proceder as persoas que teñan coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude irregularidade en relación a proxectos u operacións financiados total o parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea".
O Concello de Vigo como Organismo Intermedio Lixeiro para a xestión da EDUSI VIGO VERTICAL, pon a disposición da cidadanía a seguinte información e procedementos en relación as obrigas sobre as medidas antifraude na execución das operacións cofinanciadas con fondos FEDER:
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100