Organización Municipal
Artigo 124 da Lei 7/1985, reguladora das bases do réxime local
a) Representar ao Concello.
b) Dirixir a política, o goberno e a administración municipal, sen prexuízo da acción colexiada de colaboración na dirección política que, mediante o exercicio das funcións executivas e administrativas que lle son atribuídas por esta lei realice a Xunta de Goberno Local.
c) Establecer directrices xerais da acción de goberno municipal e asegurar a súa continuidade.
d) Convocar e presidir as sesións do Pleno e as da Xunta de Goberno Local e decidir os empates con voto de calidade.
e) Nomear e cesar ao tenentes de alcalde e aos Presidentes dos Distritos.
f) Ordear a publicación, execución e cumprimento dos acordos dos órganos executivos do Concello.
g) Ditar bandos, decretos e instrucóns.
h) Adoptar as medidas necesarias e axeitadas nos casos de extraordinaria e urxente necesidade, dando conta inmediata ao Pleno.
i) Exercer a superior direción do persoal ao servizo da Administración municipal.
j) A xefatura da Policía Municipal.
k) Establecer a organización e estrutura da Administración municipal executiva, sen prexuízo das competencias atribuídas ao Pleno en materia de organización municipal, de acordo co disposto no parágrafo c) do apartado 1 do artigo 123.
l) O exercicio das accións xudiciais e administrativas en materia da súa competencia e, no caso de urxencia, en materias da competencia dol Pleno, neste suposto dando conta ao mesmo na primeira sesión que realice para a súa ratificación.
m) As facultades de revisión de oficio dos seus propios actos.
n) A autorización e disposición de gastos nas materias da súa competencia.
ñ) As demais que lle atribúan expresamente as leis e aquelas que a lexislación do Estado ou das comunidades autónomas asignen ao municipio e non se atribúan a outros órganos municipais.
Delegación de competencias:
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100