Emprego Local

Histórico de obradoiros

Obradoiro de emprego "FORMAWEB III"

Ten unha duración de 6 meses, dende 30 de setembro de 2019 ata o 29 de marzo de 2020, un total de 15 alumnos/as traballadores/as reciben formación profesional para o emprego dirixida á obtención do certificado de profesionalidade na especialidade "IFCD0110 Confección e Publicación de páxinas web" e, contan para o seu desenvolvemento dunha equipa directiva da que forman parte un director, unha titora, un experto docente e unha administrativa

Obradoiro de emprego "FORMAWEB II"

O Obradoiro de Emprego ten unha duración de 6 meses, dende 28 de setembro de 2018 ata o 27 de marzo de 2019, un total de 15 alumnos/as traballadores/as reciben formación profesional para o emprego dirixida á obtención do certificado de profesionalidade na especialidade "IFCD0110 Confección e Publicación de páxinas web" e, contan para o seu desenvolvemento dunha equipa directiva da que forman parte un director, unha titora, un experto docente e unha administrativa.

Obradoiro de emprego "FORMAWEB"

O Obradoiro de Emprego ten unha duración de 6 meses, dende setembro de 2017 ata marzo deste ano, un total de 15 alumnos/as traballadores/as reciben formación profesional para o emprego dirixida á obtención do certificado de profesionalidade na especialidade "IFCD0110 Confección e Publicación de páxinas web" e, contan para o seu desenvolvemento dunha equips directiva da que forman parte un director, unha titora, un experto docente e unha administrativa.

Obradoiro de emprego "Vigo Capacita V"

O Obradoiro de Emprego "Vigo Capacita V" ten unha duración de 9 meses, dende o 8 de novembro de 2018 ata o 7 de agosto de 2019, un total de 20 alumnos/as traballadores/as reciben formación profesional para o emprego dirixida á obtención do certificado de profesionalidade nas especialidades de HOTR0108 Especialidade Operación básicas de Cociña e HOTR0208 Especialidade Operación básicas de Restaurante-bar, contan para o seu desenvolvemento dunha equipa directiva da que forman parte unha directora, unha titora, dous expertos docentes e unha administrativa.

Obradoiro de emprego "Vigo Capacita IV"

O Obradoiro de Emprego "Vigo Capacita IV" ten unha duración de 9 meses, dende outubro de 2017 ata xullo de 2018, un total de 20 alumnos/as traballadores/as reciben formación profesional para o emprego dirixida á obtención do certificado de profesionalidade nas especialidades de HOTR0108 Especialidade Operación básicas de Cociña e HOTR0208 Especialidade Operación básicas de Restaurante-bar, contan para o seu desenvolvemento dunha equipa directiva da que forman parte unha directora, unha titora, dous expertos docentes e unha administrativa.

Anteriormente leváronse a cabo as seguintes edicións deste Obradoiro:

  • Vigo Capacita (2013-2014): 24 participantes.
  • Vigo Capacita II ( 2015-2016): 23 participantes.
  • Vigo Capacita III (2016-2017): 20 participantes.

Obradoiro de emprego "VIGO PREPARA"

O obradoiro de emprego Vigo Prepara, coa especialidade de Promoción Turística Local e Información ao Visitante (HOTI0801), é un proxecto cofinanciado pola Unión Europea, a través do Fondo Social Europeo, Programa Operativo de Emprego Xuvenil, que se está a desenvolver nos locais do Centro Municipal de Emprego da rúa Oporto.

Este Obradoiro promovido polo Concello de Vigo conta con 15 alumnos-traballadores e un equipo directivo composto por unha directora, unha experta-docente e unha administrativa, ten unha duración de seis meses (de 30 de setembro ata o 29 de marzo), conta cun orzamento de 130.873, 43 euros e ten como finalidade:

  1. realizar servizos relacionados coa promoción e información turística ás persoas visitantes do Concello de Vigo;
  2. deseñar e programar accións dinamizadoras de educación ambiental dirixidas a distintos colectivos e grupos sociais que visitan a nosa cidade e,
  3. difundir e divulgar recursos que son potencialmente turísticos.

Por isto, a actividade do obradoiro de emprego estase a desenvolver cunha serie de servizos como son:

  1. visitas de promoción turística local a distintos colectivos da cidade: persoas con diversidade funcional, risco de inclusión social, escolares e xubilados;
  2. servizos de información ao visitante no Centro de Recepción de Visitantes de Vigo;
  3. servizo relacionado co márketing turístico na Fundación Vigo Convention Bureau;
  4. creación dunha páxina de facebook e instagram, onde se publicitan eventos da cidade e tamén a actividade desempeñada no obradoiro de emprego
  5. realización dun folleto turístico, conxugando "os cinco sentidos" coa cidade de Vigo.

Escola Obradoiro Xardín Histórico

Duración: Desde xulio de 1999 a decembro 2000.

Persoas beneficiarias: 60 mozos e mozas de entre 16 e 25 anos.

Obxectivo xeral: formación das persoas beneficiarias de cara á súa capacitación profesional para o desenvolvemento de actividades de recuperación do Xardín Histórico do Parque de "Quiñones de León.

Especialidades: Cantería, Carpintería, Albanelería e Xardinería.

Escola Obradoiro Mar de Vigo

Duración: Desenvolveuse ao longo de 5 edicións:

  • Mar de Vigo I (decembro 2007-xuño 2009)
  • Mar de Vigo II (decembro 2003-marzo 2005)
  • Mar de Vigo III (decembro 2005-xuño 2006)
  • Mar de Vigo IV (decembro 2007-xuño 2009)
  • Mar de Vigo V (decembro 2009-xuño 2010)

Persoas beneficiarias: mozos e mozas de entre 18 e 25 anos.

Obxectivo xeral: formar ao alumnado traballador coa finalidade de que adquira os coñecementos e as destrezas de cada unha das especialidades, así como as actitudes e comportamentos propios do mundo laboral

Especialidades: Carpintería de Ribeira, Construción naval en laminados de madeira e Actividades naúticas.

Obradoiro Vigo Zoo

Duración: Comezo en decembro de 2001

  • Vigo Zoo I (decembro 2001-decembro 2002) Participaron 36 persoas nas seguintes especialidades: xardinaría, carpintaría e construción
  • Vigo Zoo II (2004-xuño 2005) Participaron 45 persoas nas seguintes especialidade: xardinaría, construción e carpintaría.
  • Vigo Zoo III (decembro 2006-decembro 2007) Participaron 40 persoas nas seguintes especialidades: construción, carpintaría, fontanería-electricidade e educador ambiental.

Persoas beneficiarias: Maiores de 25 anos.

Obxectivo xeral: Recuperación e modernización do Zoo de Vigo, favorecendo a inserción laboral de aqueles que teñen dificultades para acceder a un posto de traballo.

Escola Obradoiro Vigo Zoo

Duración: Comezo en decembro de 2008 e remata en xuño do 2010.

Persoas beneficiarias: 30 mozos e mozas entre 18 e 25 anos.

Obxectivo xeral: Continuar os traballos de acondicionamento e adecuación do Parque Zoolóxico de Vigo dos tres anteriores Obradoiros de Emprego realizados en VigoZoo.

Especialidades: Albanelería, carpintaría metálica PVC e xardinaría.

Escola Obradoiro Vigo Ornamental

Duración: Comezo en outubro do 2009 e remata en outubro do 2010.

Persoas beneficiarias: 30 mozos e mozas maiores de 25 anos.

Obxectivo xeral: Rehabilitar a antiga Escola Mestres Goldar e Remodelar un tramo da Avenida Europa.

Especialidades: fontanería solar-térmica, carpintaría metálica e PVC e Albanelería.

Obradoiro de Emprego Vigo Atende

Duración: Comeza no 2012 e remata no 2013.

Persoas beneficiarias: 38 persoas beneficiarias.

Especialidades: Atención Sociosanitaria a persoas no domicilio, Cociña e Restaurante-Bar.

Obradoiro de Emprego Vigo Prepara

Duración: Comezo en setembro do 2016 e remata en marzo do 2016.

Persoas beneficiarias: 15 mozos e mozas.

Obxectivo xeral:

  • realizar servizos relacionados coa promoción e información turística ás persoas visitantes do Concello de Vigo;
  • deseñar e programar accións dinamizadoras de educación ambiental dirixidas a distintos colectivos e grupos sociais que visitan a nosa cidade e,
  • difundir e divulgar recursos que son potencialmente turísticos.

Especialidades: Promoción Turística Local e Información ao Visitante.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100