Comité de seguimento
A vista dos últimos acontecementos por mor do desenvolvemento do COVID-19 na cidade de Vigo e coa finalidade de tomar as necesarias medidas de prevención e contención que, en cada momento, resulten precisas, esta Alcaldía-Presidencia creou o Comité de Seguimento da evolución do COVID-19
Resolución de medidas:
O comité de seguimento estableceu as seguintes medidas:
- RESOLUCIÓN DE MEDIDAS: Suspensión de actos públicos, actividades e peche de instalacións municipais para mitigar o contaxio do coronavirus Covid-19 (13-03-2020)
- MEDIDAS ADICIONAIS 1: Suspensión e peche de instalacións, áreas de xogo infantil, ocio e deportivas, mercadillos,... e aprazamento da Reconquista (13-03-2020)
- MEDIDAS ADICIONAIS 2: Servizos mínimos de asistencia presencial baixo cita previa (13-03-2020)
- MEDIDAS ADICIONAIS 3: Aforo cemiterios, fontes públicas, albergues, espazos de seguridade e peche de instalacións (14-03-2020)
- MEDIDAS ADICIONAIS 4: Modificación servizos mínimos asistencia presencial, suspensión prazos administrativos, espazos abertos ao público pechados, sistemas de voluntariado e concellerías de goberno (15-03-2020)
- MEDIDAS ADICIONAIS 5: Peche de cemiterios e paseos públicos, xestión do aforo de transporte, rexistro de subministros, actuacións de seguridade, pleno, comunicación do exército e realoxamento de persoas sen fogar (16-03-2020)
- MEDIDAS ADICIONAIS 6: Axudas de emerxencia social, programa de acompañamento telefónico, estacionamento preferente a sanitarios e constitución da Xunta Local de Seguridade (17-03-2020)
- MEDIDAS ADICIONAIS 7: Aparcamento regulado, cemiterios, benestar social e axuda a domicilio (18-03-2020)
- MEDIDAS ADICIONAIS 8: Garantir o aloxamento a persoas en risco de exclusión social e víctimas de violencia de xénero, comunicacións de información internas e coa Xunta de Galicia (19-03-2020)
- MEDIDAS ADICIONAIS 9: Servizos de comedor, protección EPIs para equipos de emerxencia, suspensión de prazos, medidas de seguridade no transporte público e voluntariado (20-03-2020)
- MEDIDAS ADICIONAIS 10: Equipamentos de protección EPIs, benestar social, voluntariado e xeriátricos (21-03-2020)
- MEDIDAS ADICIONAIS 11: Persoas sen fogar e demanda de recursos materiais (22-03-2020)
- MEDIDAS ADICIONAIS 12: Persoas sen fogar e medidas de materia tributaria (23-03-2020)
- MEDIDAS ADICIONAIS 13: Obras de fomento, escolas públicas municipais e infantís e aforo de establecementos de alimentación (24-03-2020)
- MEDIDAS ADICIONAIS 14: Donacións sociosanitarias, iniciativa cultural confinarteconcultura.vigo.org e atención a emprendedores e PIMES (25-03-2020)
- MEDIDAS ADICIONAIS 15: En relación ao aloxamento para persoas en situación de vulnerabilidade e sobre a situación do persoal dos contratos vixentes e das obras municipais (27-03-2020)
- MEDIDAS ADICIONAIS 16: Becas comedor, ampliación do albergue do Berbés e entrega de material sanitario a residencias de maiores (28-03-2020)
- MEDIDAS ADICIONAIS 17: Adaptación dos servizos municipais ao decreto 10/2020 e ampliación do servizo de atención cidadá (30-03-2020)
- MEDIDAS ADICIONAIS 18: Disposición de espazos para o aillamento de persoas e lugar de confinamento (05-04-2020)
- MEDIDAS ADICIONAIS 19: Reparto dos créditos extraordinarios do RDL 8/2020, material EPI para os espazos de aillamento, ampliación do horario do servizo 010 e novo servizo de orientación laboral (10-04-2020)
- MEDIDAS ADICIONAIS 20: Adquisición de recursos e materiais de protección por parte da Concellería de Participación Cidadá (23-04-2020)
- MEDIDAS ADICIONAIS 20: Retraso do inicio do periodo voluntario de pagamento do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (25-04-2020)
- MEDIDAS ADICIONAIS 22: Novas medidas, programa Vigo a favor da igualdade social e dixital e constitución de Consello Asesor para a desescalada do Concello de Vigo (27-04-2020)
- MEDIDAS ADICIONAIS 23: Posta en marcha de liñas de traballo para a reactivación económica e social de autónomos/as e micropemes do Concello de Vigo (29-04-2020)
- MEDIDAS ADICIONAIS 24: Reapertura do Parque Municipal de Castrelos, a Fortaleza do Parque do Castro, os arenais, o Paseo Marítimo de Samil, o paseo da Lagares, o paseo de Bouzas e espazos análogos (30-04-2020)
- MEDIDAS ADICIONAIS 25: Convocar ás sesións do Comité de Seguimento de evolución do COVID-19 á totalidade dos membros do equipo do goberno municipal para a súa participación nas deliberacións durante a etapa de desconfinamento (02-05-2020)
- MEDIDAS ADICIONAIS 26: Apertura dos cemiterios municipais con restricións de uso e circulación establecidas (06-05-2020)
- MEDIDAS ADICIONAIS 27: Adopción de medidas para a prohibición do uso de bicicletas no paseo de Lagares e o recordatorio de dita prohibición no paseo de Samil (09-05-2020)
- MEDIDAS ADICIONAIS 28: Medida do comité de seguimento de evolución do Covid-19 solicitando a aclaracion sobre os núcleos de poboación exentos das restricións de mobilidade por franxas horarias (09-05-2020)
- MEDIDAS ADICIONAIS 29: Medidas para a apertura de instalacións municipais e de organizacion para a reincorporación do persoal municipal (11-05-2020)
- MEDIDAS ADICIONAIS 30: Medidas sobre o estudo da suspensión do servizo de aparcamento regulado (13-05-2020)
- ACTIVIDADE PRESENCIAL: Adopción de medidas extraordinarias destinadas á reducción da actividade presencial no Concello de Vigo (15-03-2020)
- XERENCIA DE URBANISMO: Sobre o funcionamento da Xerencia Municipal de Urbanismo (15-03-2020)
- RESOLUCIÓN: Restricións ás agrupacións de persoas para a protección da saúde das persoas ante a existencia dun risco de carácter transmisible (16-10-2020)
- RESOLUCIÓN: Adopción de medidas necesarias para o cumprimento da Orde do 4 novembro de 2020 da Consellería de Sanidade (06-11-2020)
- RESOLUCIÓN: Restricións ás agrupacións de persoas para a protección da saúde das persoas ante a existencia dun risco de carácter transmisible (22-10-2020)
- RESOLUCIÓN: Restricións ás agrupacións de persoas para a protección da saúde das persoas ante a existencia dun risco de carácter transmisible (13-01-2021)
- RESOLUCIÓN: Adopción das medidas necesarias para o cumprimento do Decreto 8/2021, do 26 de xaneiro (27-01-2021)
- RESOLUCIÓN: Cierre temporal de las instalaciones municipales de atención al público presencial (28-01-2021)
- RESOLUCIÓN: Adopción, no ámbito das súas respectivas competencias, das medidas necesarias para o cumprimento do Decreto 31/2021, do 25 de febreiro (26-02-2021)
Medidas adicionais
Atención presencial con cita previa:
Pode pedir cita previa chamando o teléfono 010 (986 810 260), na centralita municipal no 986 810 100 ou a través da páxina Solicitude de cita previa. Para o resto de servizos recoméndase o uso de medios electrónicos.
Axudas de Benestar Social:
1. Familias que teñen menores con bolsa de comedor en centros escolares de Vigo, con rendas inferiores a 300€ per cápita.
2. Familias que teñen necesidades con menores non bolseiros de comedor, ou sen menores.
3. Maiores con necesidade de recibir axuda para realizar compra de alimentación.
4. Persoas maiores que residen sós e que necesitan apoio do SAF (Servizo Municipal de Axuda non Fogar):
- Atencións de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria (coidados persoais, alimentación, etc.).
- Atención das necesidades de carácter doméstico e da vivenda.
- Acompañamentos fóra do domicilio (citas e xestións).
5. Persoas sen fogar, durmindo en rúa: ofértaselles a posibilidade de aloxamento alternativo ou reparto de comida.
6. Persoas que acudían regularmente aos comedores sociais: levaráselles a comida ás súas direccións.
7. Familias de PSEAF (Programa socioeducativo de Apoio Familiar).
Máis información:
Ingreso Mínimo Vital
Obrigacións tributarias:
Coa finalidade de clarificar as distintas situacións nas que se pode atopar a cidadanía en relación cos procedementos tributarios e recadatorios e, polo tanto, de dotar de seguridade xurídica e transparencia ás regras e procedementos a seguir.
Asesoramento a empresas e emprendedores
O Concello de Vigo, a través do seu servizo de información "VIGO EMPRENDE", atenderá as consultas das persoas emprendedoras e pequenas e medianas empresas sobre as medidas urxentes extraordinarias adoptadas para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19.
Voluntariado e participación Covid-19:
O Concello de Vigo reforza o servizo de voluntariado habilitando un rexistro web específico para canalizar as ofertas de persoas voluntarias dispostas a prestar axuda e dar resposta ás necesidades da poboación máis vulnerable ante o avance do coronavirus COVID-19.
Violencia de Xénero
O Centro Municipal de información dos Dereitos da Muller sigue operativo a través do teléfono 24 horas T. 986 293 963 a través do cal poderás recibir asesoramento xurídico, apoio social e atención psicolóxica ademais de xestionarte un recurso alternativo de acollemento en caso necesario.
Tamén podes contactar con este servizo a través do email info.muller@vigo.org deixando o teu número de teléfono para poder chamarte.
Saídas da poboación infantil durante o estado de alarma
É importante que as saídas se realicen seguindo as indicacións que se recollen nesta guía e cumprindo as medidas de prevención, co obxecto de que ademais de responder ao dereito de protección da saúde e a mellora do benestar e o desenvolvemento da poboación infantil, fágase coa seguridade necesaria para que non repercuta negativamente na evolución da epidemia.
Transporte público
A partir do luns 16 de marzo en cumprimento do real decreto 463/2020 no que se declara o
ESTADO DE ALARMA SANITARIA realizaranse
SERVIZOS CON AXUSTES de
frecuencias horarias.
É obrigatorio o pagamento exclusivo con TARXETA como medida de seguridade COVID 19. Aqueles usuarios que non dispoñan de tarxeta deberán solicitar unha TARXETA MOEDEIRO:
- Chame ao teléfono 986 919 299 e solicítea.
- Punto de recollida: Concello de Vigo na cita acordada.
- Recargue nos caixeiros de Abanca.
Estas tarxetas substituirán o pago en efectivo e o importe por viaxe é 1,35€ (tarifa común).
Estacionamento e prazas de carga e descarga
Desde o 20 de marzo a Xestión de Estacionamento Regulado (XER) estará en suspenso. Todas as infraccións de zona XER desde o día 14 de marzo non serán tramitadas.
Os profesionais sanitarios que realicen servizos domiciliarios terán uso preferente de prazas de carga e descarga.
Cultura: ConfinArteconCultura.vigo.org
O Concello de Vigo vén de poñer en marcha confinarteconcultura.vigo.org, unha plataforma web que permitirá reunir nun mesmo espazo todas as iniciativas artísticas que están a desenvolver os artistas locais desde o seu confinamento.
Deporte en casa
A Concellería de Sanidade presenta o programa "Actividade física para facer na casa" co fin de manter unha rutina de exercicios nos días de confinamento e incluír actividades diarias para preservar a saúde física e emocional durante o estado de alarma.
Os centros Máis que auga, que tamén se suman a esta iniciativa de mellorar a calidade de vida das persoas en confinamento. Ofrecen clases virtuais a través da súa páxina web en aberto para todos os que decidan sumarse. Acceso ás actividades online
Mantéñase informado na app "Vigo"
A app móbil municipal "Vigo" ten unha nova sección adicada ao Covid-19 onde poderá estar informado e recibir alertas e notificacións municipais.
Vodas e cartas de cidadanía
Celebración de vodas e cartas de cidadanía no Pazo-Museo Quiñones de León.
Medidas de prevención fronte ao contaxio de Covid-19
Para calquera dúbida ou consulta, poderá pórse en contacto co Departamento de Relacións Públicas chámando ao teléfono 986 810 156 ou no enderezo electrónico ofi.protocolo@vigo.org
Grazas Vigo
A nosa homenaxe aos heroes e heroínas de Vigo na súa loita diaria contra o coronavirus, no traballo ou quedando na casa.
Súmate, Envía a túa foto a grazasV@vigo.org
En Instagram: #grazasV
1-Responsable do tratamiento: CONCELLO DE VIGO
2- Finalidad do tratamiento: PARTICIPAR NO VÍDEO DE AGRADECEMENTO COVID-19
3- Base de lexitimación: art. 6.1 a) y 6.1 e) del RGPD 679/2016 (consentimiento e interés público)
CLAUSULA: enviando os seus vídeos, fotos ou imaxes, acepta as condicións de uso (finalidade) dos seus datos personais por parte do Concello de Vigo e que en calquera caso poderá exercer os seus dereitos recoñecidos en RGPD 679/2016 e lei 3/2018 (LOPDGDD) poñéndose en contacto co responsable do tratamiento, Concello de Vigo, o ante dpd@vigo.org
Servizo de limpeza e desinfección polo Covid-19
Os catorce equipos que se encargan da limpeza de dependencias e vía pública traballan en quendas de mañá, tarde e noite. A desinfección son realizadas por profesionais cada noite con vehículos equipados con canóns.
O Concello limpa cada día 50 quilómetros de rúas o casco urbano da cidade, tamén as zonas de influencia de todas as parroquias viguesas e todos os centros de saúde. O Concello afronta tamén a desinfección diaria dos mercados, os centros de alimentación e os arredores das farmacias, supermercados e estancos no centro da cidade. Igualmente faino en dependencias como o pavillón do Berbés (habilitado polo goberno vigués para persoas sen teito), CEDRO, a Policía Local, os parques de Bombeiros de Teis e Balaídos, o Centro Integral de Inclusión e Emerxencia Social de Marqués de Valterra, Protección Civil e os cemiterios de Pereiró, Teis e Lavadores.
Os equipos de limpeza lavan cada día 800 contedores do lixo, con 3 camións lavacontedores en quenda de mañá e 5 en quenda de noite, e desinfectan a diario 500 contedores con 2 furgonetas dotadas de hidrolimpadoras pola mañá e 2 pola noite. No caso das papeleiras, o operativo desinfecta cada día 1000 unidades con 2 furgonetas en quenda de día e 5 en quenda nocturna.
Recomendacións centros de traballo
Noticias municipais sobre o Covid-19
Enlaces de interese