2022-01-11. O alcalde recrimina á Xunta o baixo número de puntos de antíxenos na cidade
A área sanitaria de Vigo dispón de 2 puntos fixos de libre acceso cidadán para realizar os tests de antíxenos que son "importantes" cando por poboación \"corresponderían catro ou cinco". (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2021-10-22. O alcalde aborda coa hostalería da cidade o fin da emerxencia sanitaria
Nun encontro con representantes do sector, Caballero trasladoulles que o Concello aplicará \"na súa totalidade" as normativa sanitaria establecida pola Xunta co desexo de que "se relaxe a situación e se recuperen aforos e horarios. Cremos que ten que actuarse con criterio de relaxación das normas e baixaremos as restricións todo o que a Xunta nos permita". Con todo, apelou á prudencia da cidadanía viguesa que o "está facendo moi ben". (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2021-10-18. Vigo celebra dúas cabalgatas o 5 de xaneiro: estática pola mañá e tradicional pola tarde
O alcalde avanzou que será \"un día enteiro dedicado aos Reis Magos de Oriente" cunha cabalgata centrada nos mundos de Julio Verne e as viaxes máxicas. Pola mañá será estática na rúa Venezuela e, pola tarde será dinámica, partindo desta vía e pasando por Camelias e Praza América ata finalizar en Coia. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2021-10-11. A cidade recupera o 100% de aforo nos campos de fútbol e nas pistas de Balaídos
O Concello actualiza as normas de uso das instalacións deportivas municipais co cambio da normativa autonómica de xeito que queda establecido o cento por cento do aforo nas bancadas ao aire libre e o 80% nas bancadas en interiores. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2021-10-08. O alcalde valora o "enorme éxito" do festival TerraCeo
A segunda edición do programa de concertos celebrado entre os meses de maio e setembro, na terraza do Auditorio Mar de Vigo, reuniu arredor de 24.000 espectadores en 54 concertos. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2021-10-04. Abel Caballero esixe á Xunta protocolos adaptados á \"nova normalidade"
O alcalde demandou á Xunta de Galicia que amolde a normativa Covid á actual situación sanitaria, que en Vigo roza os rangos da chamada "nova normalidade". Así, require regulamentos distintos no transporte urbano, na hostalería, no deporte non federado e tamén nos centros deportivos. Precisamente Caballero reuniuse este luns con responsables da Asociación de Empresas Xestoras de Instalacións Deportivas de Galicia. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2021-10-04. O Concello xa pode iniciar a licitación da escola infantil da Praza da Industria
O goberno municipal vén de recibir a autorización para o proxecto de construción do novo centro educativo para o que solicitará á Xunta de Galicia que achegue os fondos do programa Next Generation que recibiu do Goberno de España. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2021-09-28. Concello e comerciantes preparan accións para dinamizar o comercio de proximidade
Abel Caballero mantivo un encontro este martes con membros da Federación de comercio de Vigo para preparar de forma conxunta un plan de actuación para dinamizar a súa actividade logo da "moi boa campaña\" dos últimos meses. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2021-09-21. O alcalde salienta o "traballo excepcional" da hostalería e dos hoteis da cidade
Abel Caballero puxo en valor os datos de ocupación hoteleira da última fin de semana de setembro que chegaron ao 80% e que se suman aos bos números acadados no mes de agosto, polo que apunta que "Vigo é un gran destino turístico moi apreciado e valorado". (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2021-09-01. O Concello xa facilitou a vacinación de 30 persoas sen teito no albergue municipal
O alcalde anunciou esta mañá que hoxe mércores vacinaranse a 21 persoas sen teito que se suman ás 9 que recibiron a protección contra a covid o pasado luns. Deste xeito, o Concello continúa colaborando co Sergas na loxística de mobilizar a estas persoas para que poidan ser inmunizadas. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
Ayuntamiento de Vigo
Plaza del Rey 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100