Parroquias

Navia

Unha das parroquias con menor extensión do concello de Vigo, contando tan só con 2,45 quilómetros cadrados. Formou parte do Concello de Fragoso ata o 1837, ano no que se integrou en Bouzas. No século XIX abundaban os bosques de carballos e castiñeiros, dos que hoxe a penas queda algún exemplar.

Verbo do seu patrimonio etnográfico o máis salientable son o cruceiro da Devesa e os restos do denominado Muíño do Vento, un dos escasos exemplos destas edificacións no sur de Galicia. O desenvolvemento da parroquia a partir da década dos 60 do século pasado está estreitamente vencellado á praia de Samil, un extenso areal de 3 quilómetros de lonxitude, e á construcción de segundas residencias, próximas á costa.

Samil tamén é zona de expansión social e de lecer nocturno, cunha ampla zona de discotecas e pubs. San Paio de Navia ten, segundo o último censo, 2.122 veciños. A vida social da parroquia dinamízase a través do labor entusiástico da asociación de veciños Emilio Crespo; a súa sede alberga, ademais, unha radio comunitaria, Onda Nada.

Más información en:
- Asociación "Emilio Crespo"
- AV de Navia

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100