Actualidade
Data de publicación: 25-09-2025
Data de inicio: 30-09-2025
Data de fin: 04-10-2025
Poñemos en coñecemento do público en xeral que, dende o 30 de setembro de 2025 ata o 4 de outubro de 2025 , por mor da obra de conservación dos túneles da Cidade, a realizar pola empresa Imesapi Sa , estarán pechados ao tráfico, en horario nocturno (00:00 a 04:00 ), os TÚNELES DA CIDADE, do seguinte xeito: Martes 30-09: Túnel Beiramar-Areal lado terra. Mércores 01-10: Túnel Beiramar-Areal lado terra. Xoves 02-10: Túnel Beiramar-Areal lado terra. Venres 03-10: Túnel Beiramar-Areal lado mar. Sábado 04-10: Túnel Isaac Peral Acceso cidade.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100