O Concello de Vigo continúa ca labor de información e apoio á cidadanía mediante a publicación de píldoras informativas en materia de emprego a través da conta de Twiter da Concellaría de Emprego (@CMEmpregoVigo) e da páxina web municipal.
Esta medida estará coordinada polo Servizo de Participación Cidadá e Desenvolvemento Local, dependente da área de goberno de Cultura, Emprego e Participación Cidadá, continuando ca labor de información e apoio á cidadanía en materia de emprego, mediante a publicación semanal de titoriais formativos de duración breve (entre 4 e 10 minutos) a través da conta de Twitter da Concellaría de Emprego e da páxina web municipal.
Con esta medida preténdese dar continuidade á prestación dos servizos habituais que se veñen desenvolvendo no departamento municipal de Desenvolvemento Local e Emprego en actividades de apoio e fomento de emprego.
Así mesmo, trátase dun primeiro paso cara a posta en marcha doutros programas e actividades formativas por medios telemáticos nos que está a traballar a Concellería de Emprego.
Os obxectivos que se persiguen coa presente medida son:
- Contribuir a manter as canles de comunicación coas persoas que están en busca de emprego ou na busca de alternativas laborais, transmitindo unha mensaxe de acompañamento e apoio.
- Continuar o traballo no ámbito da formación no campo da orientación laboral.
- Iniciar o proceso de virtualización da actividade de promoción do emprego, concretamente no ámbito do acompañamento ás persoas.
- Aportar solucións prácticas e concretas nos procesos de busca de emprego nestes momentos de mobilidade limitada e confinamento.
Píldoras informativas: LinkedIn
- Introdución a LinkedIn (Video: 12,2 Mb)
- Rexistro en Linkedin (Video: 9,4 Mb)
- Titular e acerca de mín (Video: 18,9 Mb)
- Fotografía e cabeceira (Video: 13,5 Mb)
- Experiencia (Video: 21,8 Mb)
- Recomendación e aptitudes (Video: 18,1 Mb)
- Url e perfil público (Video: 19,9 Mb)
- Logros e intereses (Video: 16,4 Mb)
- Os grupos (Video: 15,4 Mb)
- Opentowork (Video: 10,4 Mb)
- Facendo contactos - Capítulo 1 (Video: 24,7 Mb)
- Facendo contactos - Capítulo 2 (Video: 22 Mb)
- Facendo contactos - Capítulo 3 (Video: 22,9 Mb)
Neste primeiro momento óptase por esta proposta de píldora informativa sobre Linkedin como contido principal por tres razóns:
- Porque se trata dunha temática habitual que xa viña desenvolvéndose desde o Servizo de Orientación Laboral como acción formativa.
En novembro tiveron lugar as últimas sesións formativas sobre Linkedin nas aulas informáticas do Auditorio Mar de Vigo.
- Porque nestas semanas de confinamento o Servizo de Orientación Laboral recibiu varias consultas sobre o tema.
Resulta obvio, que nesta situación, son moitas as persoas que están a utilizar en maior medida as ferramentas online, tamén no ámbito do emprego.
- Porque Linkedin conta en España con máis de doce millóns e medio de perfís e miles de empresas, resultando hoxe por hoxe unha referencia ineludible en procesos de busca de emprego e desenvolvemento profesional, que ademais é gratuita.
Nas vindeiras semanas, irán desenvolvéndose outros titoriais e iranse ampliando as propostas de servizos online e actividades formativas, variando a temática en función das demandas que nos traslade a cidadanía asi coma da información que se considere de maior utilidade en materia de emprego.