Servizos Sociais

Subvencións FSE

xunta_flag UE_flag logo Ayuntamiento de VigoXacobeo 2021
Actuacións concedidas ao abeiro da orde de 6 de setembro de 2021 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a corporacións locais para programas de emerxencia social e a inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión susceptible de ser financiada con FONDOS REACT-UE no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020

Programa de Inclusión Sociolaboral e transición ao emprego de persoas perceptoras de RISGA/IMV do CMSS de COIA

"Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social"

Operación financiada pola Unión Europea a través do FONDO SOCIAL EUROPEO (FSE) como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19

"El FSE Invierte en tu futuro"


Tratase de establecer obxectivos e accións encamiñadas á superación de dificultades persoais, formativas e laborais; tendo en conta a perspectiva de xénero no relativo a elección e deseño do itinerario formativo laboral, o acceso ao mercado de traballo e o establecemento de mecanismos de conciliación.O programa ten coma obxectivo xeral proporcionar mecanismos e ferramentas para a integración sociolaboral plena das persoas perceptoras da RISGA e/ou IMV, residentes na zona atendida polo CMSS de Coia do Concello de Vigo con baixos perfís profesionais e aqueles que acadaran unha cualificación profesional recente e precisan apoio no acceso ao mercado de traballo.

Integrarase a perspectiva de xénero para facilitar o fomento da igualdade de oportunidades, paliando as situacións de desfavorecemento á que se ven sometidas as mulleres e sensibilizando de maneira transversal as mulleres e os homes para abordar a problemática da desigualdade sociolaboral e a compresión do seu papel activo no cambio de perspectiva. Para o seu desenvolvemento establécese, de acordo coa persoa, un itinerario personalizado de inserción; no cal terase en conta as particularidades e necesidades específicas de cada colectivo así coma as fortalezas e debilidades das persoas en función da súa situación persoal e familiar.

  • Total concedido 2021: 11.307,91€
  • Total concedido 2022: 27.144,35€
  • Total concedido 2023: 11.307,91€

Programa de Inclusión Sociolaboral e transición ao emprego de persoas perceptoras de RISGA/IMV do CMSS de TEIS

"Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social"

Operación financiada pola Unión Europea a través do FONDO SOCIAL EUROPEO (FSE) como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19

"El FSE Invierte en tu futuro"

Tratase de establecer obxectivos e accións encamiñadas á superación de dificultades persoais, formativas e laborais; tendo en conta a perspectiva de xénero no relativo a elección e deseño do itinerario formativo laboral, o acceso ao mercado de traballo e o establecemento de mecanismos de conciliación.
O programa ten coma obxectivo xeral proporcionar mecanismos e ferramentas para a integración sociolaboral plena das persoas perceptoras da RISGA e/ou IMV, residentes na zona atendida polo CMSS de Teis e a UTS Sur do Concello de Vigo con baixos perfís profesionais e aqueles que acadaran unha cualificación profesional recente e precisan apoio no acceso ao mercado de traballo. Integrarase a perspectiva de xénero para facilitar o fomento da igualdade de oportunidades, paliando as situacións de desfavorecemento á que se ven sometidas as mulleres e sensibilizando de maneira transversal as mulleres e os homes para abordar a problemática da desigualdade sociolaboral e a compresión do seu papel activo no cambio de perspectiva.

Para o seu desenvolvemento establécese, de acordo coa persoa, un itinerario personalizado de inserción; no cal terase en conta as particularidades e necesidades específicas de cada colectivo así coma as fortalezas e debilidades das persoas en función da súa situación persoal e familiar.

  • Total concedido 2021: 9.619,76 €
  • Total concedido 2022: 23.044,76 €
  • Total concedido 2023: 9.619,76 €

 

Programa de Inclusión Sociolaboral e transición ao emprego para persoas sen fogar

"Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social"

Operación financiada pola Unión Europea a través do FONDO SOCIAL EUROPEO (FSE) como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19

"El FSE Invierte en tu futuro"


Tratase de establecer obxectivos e accións encamiñadas á superación de dificultades persoais, formativas e laborais; tendo en conta a perspectiva de xénero no relativo a elección e deseño do itinerario formativo laboral, o acceso ao mercado de traballo e o establecemento de mecanismos de conciliación.

O programa ten coma obxectivo xeral proporcionar mecanismos e ferramentas para a integración sociolaboral plena das persoas participantes do servizo de transición á vida autónoma do C.M. CIIES do Concello de Vigo . Integrarase a perspectiva de xénero para facilitar o fomento da igualdade de oportunidades, paliando as situacións de desfavorecemento á que se ven sometidas as mulleres e sensibilizando de maneira transversal as mulleres e os homes para abordar a problemática da desigualdade sociolaboral e a compresión do seu papel activo no cambio de perspectiva.

Para o seu desenvolvemento establécese, de acordo coa persoa, un itinerario personalizado de inserción no cal terase en conta as particularidades e necesidades específicas das persoas en función da súa situación persoal e socio familiar.

  • Total concedido 2021: 5.359,20 €
  • Total concedido 2022: 12.862,08 €
  • Total concedido 2023: 5.359,20 €

 

Programa asesoramento técnico especializado para persoas estranxeiras

"Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social"

Operación financiada pola Unión Europea a través do FONDO SOCIAL EUROPEO (FSE) como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19

"El FSE Invierte en tu futuro"

O programa afronta a necesidade que ten a poboación estranxeira de Vigo de recibiren información e asesoramento xurídico especializado nas distintas situacións na que poden atoparse ao respecto da lexislación de estranxeiría.

Ademais se presta información sobre os dereitos e obrigas como cidadáns, poñendo en valor o rol e función da muller e propiciar a integración social e económica das persoas inmigrantes que viven en Vigo, garantindo a igualdade de oportunidades de todas elas.

Atendendo á perspectiva de xénero, empoderizando o papel fundamental da muller cun papel activo no feito migratorio e non como axente secundario (promovendo a igualdade de oportunidades entre ambos sexos).

  • Total concedido 2021: 12.862,08 €
  • Total concedido 2022: 28.296,58 €
  • Total concedido 2023: 12.862,08 €

Programa de mediación intercultural

"Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social"

Operación financiada pola Unión Europea a través do FONDO SOCIAL EUROPEO (FSE) como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19.

"El FSE Invierte en tu futuro"

O programa presenta unha liña xeral de intervención, estruturada en tres eixos de intervención: apoio aos profesionais e institucións; participación social e cidadá e convivencia intercultural. E unha liña transversal onde se sitúa a prevención e xestión das tensións, conflitos e malentendidos e unha liña de apoio ás familias migrantes.
Cunha intervención baseada nos principios da interculturalidade e a mediación promovendo novas relacións de convivencia construtiva e transformadora quere apoiar e acompañar, cando proceda, o acceso das persoas e familias aos recursos públicos e privados, promovendo autonomía no exercicio dos seus dereitos e obrigas.

  • Total concedido 2021: 12.795,00 €
  • Total concedido 2022: 0 €
  • Total concedido 2023: 0 €

Programa básico de inclusión sociolabotal básica activa para personas sen fogar

"Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social"

Operación financiada pola Unión Europea a través do FONDO SOCIAL EUROPEO (FSE) como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19

"El FSE Invierte en tu futuro"

Este programa vai dirixido a mulleres e homes, incluídos no programa de acollida e inclusión do C.M. CIIES do Concello de Vigo que se atopan nunha situación de risco ou exclusión social, mediante o desenvolvemento de itinerarios de inclusión, dirixidos a mellora de oportunidades de axuste persoal , formación e de mellora da empregabilidade.

Como obxectivos ten favorecer as oportunidades de axuste persoal e a incorporación sociolaboral, e consecución dunha vivenda estable para ás persoas en situación de exclusión social severa.

Integrarase a perspectiva de xénero para facilitar o fomento da igualdade de oportunidades, paliando as situacións de desfavorecemento á que se ven sometidas as mulleres e sensibilizando de maneira transversal as mulleres e os homes para abordar a problemática da desigualdade sociolaboral e a compresión do seu papel activo no cambio de perspectiva.

  • Total concedido 2021: 15.664,18 €
  • Total concedido 2022: 37.575,65 €
  • Total concedido 2023: 15.664,18 €

Programa de reforzo educativo para menores

"Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social"

Operación financiada pola Unión Europea a través do FONDO SOCIAL EUROPEO (FSE) como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19

"El FSE Invierte en tu futuro"

Dirixido a menores en situación de vulnerabilidade dos CMSS de Coia, Teis,Princesa e R. Atienza do Concello de Vigo.Os obxectivos deste programa son evitar a exclusión social das/os menores, artellando unha intervención interdisciplinar que favoreza procesos normalizadores, bordar situacións problemáticas dende unha intervención preventiva e ofrecer un recurso adaptado ás novas necesidades das familias traballadoras ou con cargas familiares promocionando e fomentando a igualdade social e de xénero

Como obxectivos específicos traballarase en afianzar e ampliar o aprendizaxe das competencias básicas e mellorar o rendemento escolar, fomentar competencias de organización, planificación e desenvolvemento no estudo e no desempeño das tarefas educativas, e desenvolver habilidades sociais que melloren a súa inclusión escolar e social dos menores.

  • Total concedido 2021: 7.074,14 €
  • Total concedido 2022: 46.089,12 €
  • Total concedido 2023: 19.212,73 €

 

Programa socioeducativo e de apoio familiar

"Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social"

Operación financiada pola Unión Europea a través do FONDO SOCIAL EUROPEO (FSE) como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19

"El FSE Invierte en tu futuro"

Este programa concíbese como un servizo educativo e psicosocial de prevención e apoio personalizado, dirixido ás familias, especialmente a aquelas que se atopen nunha situación de vulnerabilidade. Ten como finalidade a promoción da autonomía familiar, o desenvolvemento integral das súas potencialidades.

Os seus obxectivos xerais son ofrecer apoio socioeducativo integral ás familias, como marco de referencia onde se desenvolven as persoas, fomentar a autonomía e a integración no contorno de todas as familias, garantindo o respecto aos seus dereitos e promover e dinamizar redes comunitarias de apoio e axuda mutua ás familias, favorecendo a prevención de situacións de risco e dificultade sociofamiliar.

Como obxectivos específicos quere promover a adquisición de competencias e capacidades das familias para un axeitado desenvolvemento das súas funcións parenterais, educativas, de crianza e socialización, facilitar alternativas, recursos e itinerarios socioeducativos ás familias, ofrecer espazos de encontro de pais e nais e previr e detectar e atender situacións e familias de elevada vulnerabilidade: infancia en alto risco social, dinámicas de violencia intrafamiliar e familias en situación de exclusión social.

  • Total concedido 2021: 16.468,06 €
  • Total concedido 2022: 39.504,96 €
  • Total concedido 2023: 16.445,09 €

Programa de inclusión residencial para persoas sen fogar:

"Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social"

Operación financiada pola Unión Europea a través do FONDO SOCIAL EUROPEO (FSE) como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19

"El FSE Invierte en tu futuro"


O programa vai dirixido a persoas en situación de exclusión social residencial das persoas participantes nalgún programa ou servizo do Centro Municipal de Inclusión e Emerxencia Social (CIIES) do Concello de Vigo.
A exclusión residencial éunha problemática da sociedade actual, que abarca un conxunto amplo de situacións polas que unha persoa vese privada do acceso a unha vivenda normalizada. Tendo en conta que a exclusión é un fenómeno multicausal no que interveñen diferentes factores estructurais, institucionais, relacionais e personais considérase importante, incidir sobre aqueles factores persoais que dificultan o acceso a un aloxamento ás persoas en situación de exclusión social: carencias en habilidades de comunicación, non dispor de medios tecnolóxicos (internet, teléfono) para unha eficiente procura de vivenda, prexuízos por parte dos arrendadores e minimizar as consecuencias da discriminación no mercado de vivienda. O obxectivo xeral deste programa é facilitar o acceso e mantemento dun aloxamento ás persoas en situación de exclusión social tendo en conta a perspectiva de xénero e fomentando a igualdade de oportunidades de cara a paliar as situacións de discriminación que sofren polo feito de ser mulleres.

  • Total concedido 2021: 9.187,20 €
  • Total concedido 2022: 22,049,28 €
  • Total concedido 2023: 9.187,20 €
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100