Actualidade

Avisos

Solicitude dun colector individual para o tratamento insitu dos residuos orgánicos

Temática: Limpeza

Data de publicación: 2023-10-17

Máis da metade dos residuos que diariamente se producen nos fogares, son restos de comidas,mondas de froitas, cascas de ovos...Residuos aos que se lle pode dar unha segunda oportunidade converténdoos en abono orgánico.

Agora, xa é posible realizar un tratamento domiciliario dos bioresiduos grazas aos novos contedores orgánicos domésticos que o Concello de Vigo e FCC poñen a disposición dacidadanía e que se poden instalar en calquera recuncho exterior dos nosos fogares.

Este proceso, ademais de beneficios económicos e sociais, ofrece unha importante vantaxe ambiental, xa que representa a xestión máis ecolóxica para a fracción orgánica de lixo.

Solicita xa o teu contedor e o asesoramento técnico necesario para crear abonos naturais para os teus frutais, plantas ou horta chamando ao teléfono 900 859 660, ou a través do formulario web de solicitude

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100