Actualidade

Avisos de transporte

SERVIZO ÁS PRAIAS - AMPLIACIÓN LIÑAS VERÁN 2025

Data de publicación: 2025-06-16

A partir do luns día 16 de xuño, as liñas C3i, C3d, L4C e L23 amplían o seu percorrido ata as praias da seguinte maneira:

  • A liña C3i e C3d dende Bouzas e Coia ata Samil, mantendo os seus horarios habituais. Os sábados, domingos e festivos manterá o seu percorrido ata Samil coma todo o ano.
  • A liña L4C  dende Coia ata Samil – Vao, mantendo os seus horarios habituais, en laborables, sábados, domingos e festivos.
  • A liña L23 dende Martín Echegaray ata Samil, mantendo os seus horarios habituais, en laborables, sábados, domingos e festivos.

Lembrámoslle ás persoas usuarias que as liñas L10, L11, L12A, L15A, L15B e L15C continúan prestando servizo ás praias como o resto do ano, cos seus horarios habituais.

Achéganse horarios detallados das liñas que prestan servizo ás praias:

Documentación

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100