Actualidade
Data de publicación: 25-06-2025
Data de inicio: 30-06-2025
Data de fin: 01-07-2025
Poñemos en coñecemento do público en xeral que, na noite do 30 de xuño de 2025 ata o 1 de xullo de 2025 , por mor da obra de conservación do túnel de Lepanto, a realizar pola empresa Acciona Construccion Sa Y Narom Sl Ute Ley 18/82 De 26 De Mayo , estará pechado ao tráfico, en horario nocturno (22:00 a 06:00 ), o carril esquerdo de deceleración cara ao túnel de acceso ao Centro Comercial Vialia - Vigo, para executar traballos de mantemento e limpeza de paramentos verticais e pozos de saneamento. Noite do luns 30/6 ao martes 1/7 en horario de 22:00 a 6:00.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100