Actualidade
Data de publicación: 26-06-2025
Data de inicio: 30-06-2025
Data de fin: 04-07-2025
Poñemos en coñecemento do público en xeral que, dende o 30 de xuño de 2025 ata o 4 de xullo de 2025 , por mor da obra de conservación do túnel de Beiramar, a realizar pola empresa Civis Global Sl , estará pechado ao tráfico, en horario nocturno (23:00 a 06:00 ), o TÚNEL de BEIRAMAR, lado Mar. Peche no túnel Beiramar en horario de 23:00 h a 06:00 h para retirada de chapas de ferro nos muros do túnel, lado mar dende o 30 de xuño ao 04 de xullo. Coa fin de garantir a circulación viaria, habilitarán un carril de circulación na Pza Compostela, entre Areal e Cánovas del Castillo, sentido cara a Cánovas del Castillo.
Para habilitar o devandito carril, taparán o sinal R101 sito no cruzamento de Areal con Pza Compostela mentres duren os traballos.
Ao rematar os traballos destaparán o sinal R101.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100