Actualidade
Data de publicación: 11-06-2025
Data de inicio: 17-06-2025
Data de fin: 21-06-2025
Poñemos en coñecemento do público en xeral que, dende o 17 de xuño de 2025 ata o 21 de xuño de 2025 , por mor da obra de conservación dos túneles da Cidade, a realizar pola empresa Imesapi Sa , estarán pechados ao tráfico, en horario nocturno (00:00 a 04:00 ), os TÚNELES DA CIDADE, do seguinte xeito: 17-06: Túnel Beiramar-Areal lado terra. 18-06: Túnel Beiramar-Areal lado mar. 19-06: Túnel Lepanto. 20-06: Túnel Martinez Garrido. 21-06: Túnel Praza España. A noite de ocupación do túnel de Beiramar, lado mar e coa fin de garantir a circulación viaria, habilitarán un carril de circulación na Pza Compostela, entre Areal e Cánovas del Castillo, sentido cara a Cánovas del Castillo.
Para habilitar o devandito carril, taparán o sinal R101 sito no cruzamento de Areal con Pza Compostela mentres duren os traballos.
Ao rematar os traballos destaparán o sinal R101.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100