Actualidade

Avisos de tráfico

Establécense sentidos únicos nas rúas: HIPÓLITO DE SA, PARDAVILA, TRAVESIA PARDAVILA, SILVANA, TRAVESIA SILVANA, TOMÁS ELVIRA

Data de publicación: 06-06-2025

Data de inicio: 10-06-2025

Data de fin: 30-06-2025

Poñemos en coñecemento do público en xeral que para mellorar a circulación viaria modifícase polo Departamento de Seguridade e Mobilidade, a sinalización vial do seguinte xeito:

Establécense sentidos únicos nas rúas: HIPÓLITO DE SA, PARDAVILA, TRAVESIA PARDAVILA, SILVANA, TRAVESIA SILVANA, TOMÁS ELVIRA, do seguinte xeito:

HIPÓLITO DE SA con entrada dende Aeroporto e saídas por travesía Silvana, Tomás Elvira, Ramón Nieto ou por travesía Pardavila, Ramón Nieto, ou por travesía Pardavila, Pardavila, Aeroporto.

PARDAVILA con entrada dende Ramón Nieto e saídas por Aeroporto, ou por travesía Pardavila, Ramón Nieto.

TRAVESIA PARDAVILA con entrada dende Hipólito de Sa e saídas por Pardavila, Aeroporto, ou por Ramón Nieto.

SILVANA con entrada dende Ramón Nieto ou dende Pintor San Luís e saída por Ramón Nieto, ou por travesía Silvana, Tomás Elvira, Ramón Nieto.

TRAVESIA SILVANA con entrada dende Hipólito de Sa ou dende Silvana e saída por Tomás Elvira, Ramón Nieto.

TOMÁS ELVIRA con entrada dende travesía Silvana e saída por Ramón Nieto.

dende o 10 de xuño de 2025 ás 10:00 horas.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100