Servizos cidade
O Pleno do Excelentísimo Concello de Vigo, reunido en sesión extrórdinaria o día 25 de outubro de 1990, adxudicou a Seragua FCC Vigo UTE a concesión para a explotación do Servizo Municipal de Augas de Vigo por un período de vinte e cinco anos.
A finais de 2002, Seragua pasou a denominarse aqualia, xestión integral de auga, co obxecto de establecer unha clara correspondencia entre a Sociedade Anónima e a marca, que xa se lanzara en abril de 2001.
Atención ao cliente: 900 813 357
Teléfono de avarías: 900 813 047
Web de Aqualia: https://www.aqualia.com/informacion-al-ciudadano/vigo
O Real Decreto 3/2023, do 10 de xaneiro, polo que se establecen os criterios técnico-sanitarios da calidade da auga de consumo, o seu control e subministración establece que a administración local ou no seu caso o operador da rede de distribución, deberá poñer ao dispor do usuario en liña, no seu portal corporativo, a seguinte información:
O Laboratorio Municipal, dependente da Concellaría de Sanidade, Consumo e Medio Ambiente, realiza anualmente tres ou catro controis analíticos da auga dos manaciais das aproximadamente 350 fontes públicas catalogadas no Municipio. Que se teña constancia, este centro é o único de España que analiza a auga de un número tan elevado de fontes.
Segundo a lexislación vixente, RD 140/2003, considérase que un auga é "Non apta para consumo humano" cando algún dos parametros analizados supera ou incumple os valores lexislados. Asemade sinala que as augas de consumo humano deberanse desinfectar, xa que o feito de dispor dun baixo nivel de desinfectante residual aporta unha Garantía Sanitaria. Polo tanto, a pesares dos controis analíticos anuais que o Laboratorio realiza a cada fonte, ainda que os resultados obtidos Cumplan coa lexislación vixente, isto non é dabondo para establecer unha garantia sanitaria nestas augas.
Listaxe do último análise de fontes do Laboratorio Municipal
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100