Escudo Concello de Vigo

Educación

Educación persoas adultas

 

A Educacion e Promoción de persoas Adultas ten como finalidade a formación de todas aquelas persoas maiores de idade que desexan completar a súa formación básica e conseguir os títulos de Graduado en Secundaria e Bacharelato, á vez que melloran e promocionan na súa vida laboral.

Modalidades formativas: Presencial, Semipresencial e Teleformación (ou a distancia)

Oferta educativa específica de caracter regrado:

  • Nivel I: Alfabetización e Neolectores
  • Nivel II: Preparación para o ensino Secundario
  • Nivel III: Graduado en Secundaria
  • Bacharelato Adultos
  • Español e Galego para estranxeiros.

Oferta educativa de caracter non regrado:

  • Idiomas
  • Informática
  • Educación Viaria (preparación para realización das probas teóricas do carné de conducir para persoas con dificultades de lectoescritura).

Centros nos que se imparten:

  • Radio ECCA
    • Rúa Velázquez Moreno 9 1º Vigo. Teléfono: 986 227 315.
  • Berbés
    • Rúa Marqués de Valterra 8 1º Vigo. Teléfono: 886 110 976.
  • Castelao, Santo Tomé de Freixeiro, Santa Irene, Instituto Politécnico de Vigo, Ricardo Mella, Instituto de Teis.
  • CIFP de Coia, CIFP Valentín Paz Andrade.