Medio Ambiente

Axenda 21

A Axenda 21 é un ambicioso programa aprobado na Conferencia das Nacións Unidas sobre o Ambiente e Desenvolvemento celebrada en Río de Janeiro en 1992. Este “Programa 21” ten por obxectivo sentar as bases dun modelo de Desenvolvemento Sustentábel. O documento ten cerca de 540 páxinas e establece un programa de acción para o século XXI a ser adoptado polos diversos países, tornándose a base de moitos programas de acción nacionais.

Os diferentes capítulos desta Axenda abordan as múltiples facetas da sustentabilidade como as desigualdades e a pobreza, a protección da saúde, a calidade do medio (auga, atmosfera, etc), a biotecnoloxía, os recursos mariños, a produción e xestión de residuos ou a educación ambiental, até completar un conxunto de 39 capítulos.

Axenda 21 é...

“Cada autoridade local deberá iniciar un diálogo cos seus cidadáns, organizacións locais e empresas privadas e aprobar un Programa 21 Local. Mediante a celebración de consultas e a promoción dun consenso, as autoridades locais van recibir achegas da cidadanía e as organizacións cívicas, empresariais e industriais locais e obterán a información precisa para formular as mellores estratexias” (Cap. 28 do Programa 21, Cimeira da Terra, Río de Janeiro, 1992).

Pensar Globalmente

Recollendo o testemuña de Río, dous anos despois celébrase a Conferencia Europea sobre Cidades e Pobos Sustentábeis, na cidade dinamarquesa de Aalborg, onde se firma a Carta que leva por nome a esta cidade. A denominada Carta de Aalborg é unha declaración de compromiso das autoridades locais para o desenvolvemento de programas e estratexias a prol do desenvolvemento sustentábel, fundamentalmente no eido local. Entre estes programas e estratexias o máis salientábel é a Axenda 21 Local.

O ámbito local, en canto unidade política máis pequena e próxima o cidadán, é concibido desde esta perspectiva como o ámbito de actuación privilexiado en relación coas problemáticas urbanísticas, económicas, sociais e ambientais o nivel local e de maior respecto o principio de subsidiariedade, pedra angular da idea de intervención local. Para tal, tórnase importante que os poderes locais inicien un proceso de diálogo con todas as entidades, desde escolas e universidades, empresas, e organizacións cívicas en xeral, co máximo de transparencia e diálogo construtivo.

¿Cidade Sustentábel?

É o pobo ou cidade que é capaz de satisfacer as súas necesidades no presente, sen comprometer a capacidade para satisfacer as súas necesidades no futuro, atendendo a integridade e a estabilidade social e económica e a calidade de vida da súa poboación.

Cidade sustentábel é...

“Nós, cidades, comprendemos que o concepto de Desenvolvemento Sustentábel nos axuda a adoptar un modo de vida baseado no capital da Natureza. Esforzamonos para alcanzar a xustiza social, economías sustentábeis e sustentabilidade ambiental. […] Recoñecemos que non podemos permitir a transferencia dos nosos problemas, nin as outras comunidades, nin as xeracións futuras.

Logo, debemos resolver as nosas dificultades e desequilibrios por nos mesmas, máis que coa axuda dunha entidade nacional ou rexional”

Descrición e Obxectivos

O proxecto consiste na implantación de Axendas 21 Locais e o cálculo de indicadores de auditoría urbana, de acordo coa metodoloxía do “Urban Audit” de EUROSTAT, en 16 das principais cidades da área de intervención do subprograma Galicia – Norte de Portugal do Programa Interreg III A España Portugal.

Para achegar este obxectivo central do proxecto proponse acadar os seguintes obxectivos instrumentais:

  • A realización de auditorías urbanas que permitan o establecemento de comparacións entre as cidades e con outras cidades europeas, así como o incremento da cantidade e calidade da información estatística relativa a calidade de vida e o desenvolvemento sustentábel nas cidades.
  • A apertura de procesos participativos de análise, diagnose e actuación que conduzan a formulación de Plans de Acción que contribúan a acadar o nivel local os obxectivos de sustentabilidade aprobados na Carta de Aalborg.
  • O aliñamento das estratexias de desenvolvemento sustentábeis dos municipios pertencentes o Eixo Atlántico coas respectivas estratexias nacionais e rexionais de Desenvolvemento Sustentábel.
  • O establecemento dun modelo de referencia para a elaboración de futuras Axendas 21 ou auditorías urbanas.

Fases do proxecto

  1. Recollida de información para elaborar a diagnose ambiental, social e económica e completar o cadro de indicadores do “Urban Audit”.
  2. Elaboración da Diagnose de Sustentabilidade e calcular os indicadores do Urban Audit.
  3. Deseño e dinamización dun proceso de participación cidadá que vertebre todo o proceso.
  4. Elaboración do Plano de Acción pola sustentabilidade.
  5. Implantación do Plano de Acción.
  6. Seguimento e avaliación.

Innovación e valor acrecentado

Este proxecto introduce determinadas innovacións sobre os modelos máis ortodoxos de implantación da Axenda 21 Local . En primeiro termo o propio carácter conxunto na abordaxe do proceso de Axenda 21 Local co cálculo dos indicadores de “Urban Audit”.Supón unha innovación o uso dos indicadores de “Urban Audit” como compoñente importante para a diagnose de sustentabilidade o para o a utilización dos indicadores da Auditoría Urbana na elaboración da diagnose de sustentabilidade da Axenda 21 e no deseño dos indicadores do Plano de Acción.

Pola outra banda, a Auditoría Urbana no prevé a adopción de Planos de Acción unha vez recollidos e procesados os datos e informacións sobre os seus indicadores, polo que se desaproveita unha parte importante do seu potencial deixándoo nun exercicio estatístico sen traducción práctica. Isto, unido a complexidade das súas metodoloxías e a dificultade na obtención de datos e inform. de calidade fixo que algunhas das Aud. se tivesen considerado un fracaso polas propias autoridades das ciudades implicadas.

O tratar ambos procesos de maneira conxunta o proxecto permitirá xerar indubidábeis sinerxías, principalmente:

  • A utilización dos indicadores da Auditoría Urbana na elaboración da diagnose de sustentabilidade da Axenda 21 e no deseño dos indicadores do Plano de Acción.
  • Que o Plano de Acción teña en conta aspectos transversais de desenvolvemento económico, social e ambiental.
  • Que os resultados da Auditoría Urbana, e especialmente as diferencias observadas entre as cidades analizadas enriquezan as previsións dos Planos de Acción.
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100