Actualidade

Avisos de tráfico

FESTA DA RECONQUISTA DA VILA DE VIGO

Data de publicación: 27-03-2025

Data de inicio: 27-03-2025

Data de fin: 30-03-2025

Con motivo da festa de Reconquista da Vila de Vigo en datas 27,28,29 e 30 de marzo, comunícaselles as seguintes restriccións de t?afico:

? Retirada de estacionamento dende as 20:00 horas do 27 de marzo nas seguintes rúas: Falperra entre Paseo de Alfonso e Cachamuiña, Paseo de Alfonso, inicio das rúas Teófilo Llorente, rúas Real, Chao, San Vicente e carga e descarga de San Francisco

? Retirada de estacionamento na rúa Victoria e Reconquista o domingo 30 de marzo dende as 15:00 horas até o final do acto.

? Cambio da parada de taxis ao inicio da rúa Falperra.

? Pola restrición de acceso de vehículos ao Paseo Alfonso dende o 28 de marzo ,ás 11:00 horas até o remate da festa o 30 de marzo, as persoas residentes do Casco Vello Baixo deberán acceder e saír pola rúa San Francisco, con axuda dun bloqueo semafórico e as persoas residentes do Casco Vello Alto, pola rúa Abeleira Menéndez ou rúa Santiago.

? Corte de tráfico da rúa Carral o domingo 30 de marzo dende as 16:30-21:00 horas e dende as 18:30 horas, Policarpo Sanz, Reconquista, Praza Compostela e Victoria para a representación da Reconquista

? Autorizase a entrada e saída de vehículos para subministro de materiais da festa aos vehículos autorizados pola organización.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100